Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Ara Malikian actuará en Lugo para festexar que a Muralla é Patrimonio Mundial


# Venres, 05/07/2013
A escritora Olga Novo fará a Ofrenda a Rosalía no San Froilán 2013


Este ano o Feiral funcionará do 4 ó 13 de outubro e haberá novo Comisario 

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, que dirixe Carmen Basadre, avanza nos preparativos dos dous eventos máis importantes que se celebrarán na cidade tralo verán.

A Concellería de Cultura traerá a Lugo ó prestixioso violinista Ara Malikian para festexar este ano que o principal monumento da cidade, a Muralla Romana, é Patrimonio Mundial. 

A contratación de Ara Malikian Ensemble con motivo da conmemoración do XIII aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio Mundial pola UNESCO foi aprobada hoxe pola Xunta de Compras do Concello a proposta da Concellería de Cultura. 

Ara Malikian está considerado como un dos violinistas máis brillantes e innovadores e foi galardonado cos premios máis prestixiosos a nivel mundial. O presuposto da súa contratación é de 13.310 euros.


San Froilán 2013 

Hoxe tamén se reuniu a Comisión de Festas, baixo a presidencia do Alcalde, José López Orozco. 

Segundo informou a Concelleira de Cultura logo da reunión, a escritora Olga Novo será este ano a encargada de facer a Ofrenda a Rosalía durante a festa de San Froilán. 

Carmen Basadre explicou que a escritora aceptou encantada o ofrecemento. Olga Novo, de 37 anos, natural da Pobra do Brollón e veciña do Incio, é profesora de língua e literatura galega. Ten escrito relevantes ensaios sobre Uxío Novoneyra e Claudio Rodríguez Fer e tamén é autora de destacados poemarios como “Cráter”. 

A Comisión de Festas tamén acordou que este ano o Feiral funcionará do 4 ó 13 de outubro e a montaxe poderá comezar unha semana antes, a partir do xoves 26 de setembro.

Ademais, na reunión comunicouse que o novo Comisario será o Oficial da Policía Local José Río Espiño, trala xubilación de Juan Jesús Vélez. 

Tamén tratou a Comisión sobre a convocatoria dun novo concurso para adxudicación das 15 parcelas libres (tres delas por impago). A convocatoria é por un ano prorrogable e farase coas mesmas bases da anterior.

Por último, na reunión informouse do balance das contas das festas de 2012 nas que os gastos foron de 721.745,83 euros e os ingresos de 520.736,70 euros.

A Concelleira de Cultura explicou, en resposta ás declaracións que fixo ós medios de comunicación Angel Trabada, Concelleiro do Partido Popular, que “no departamento de Cultura non se recibiu ningunha solicitude solicitude para ver ningunha conta e, ademais, o PP estivo perfectamente informado das contas do San Froilán 2012 xa que puido ver, paso por paso, todas as contratacións feitas para as festas xa que pasaron pola Xunta de Compras, órgano no que está representado este partido político”.






Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova