Cargando....
Concello de Lugo
25/11/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A pasarela de San Lázaro recibe un accésit dos premios San Telmo


# Luns, 08/07/2013
O Alcalde asistiu á entrega dos premios convocados polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia

O Alcalde, José López Orozco, participou hoxe no acto de entrega dun accésit dos premios San Telmo, que convoca o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, ó acondicionamento da marxe dereita do río Miño coa pasarela de San Lázaro.

O acto de entrega dos premios do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos ás mellores obras de enxeñería civil de Galicia celebrouse esta mañana no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, na cidade de A Coruña.

A pasarela de San Lázaro foi promovida pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Augas de Galicia e o Concello de Lugo.

O xurado valorou o deseño, creatividade, calidade construtiva e innovación tecnolóxica da pasarela peonil que comunica a cidade cos barrios de San Lázaro e A Ponte.

O Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia tamén valorou o feito de que a pasarela peonil sobre o río Miño, que ten unha lonxitude de 109 metros e 3,40 de ancho, convertiuse nun dos elementos máis singulares da paisaxe urbana de Lugo e que se trata dunha obra perfectamente integrada no seu contorno.

O primeiro premio deste certame foille concedido ó porto exterior de Punta Langosteira, na Coruña.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova