Cargando....
Concello de Lugo
25/11/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá ábrese o prazo para inscribirse no segundo obradoiro da Escola de Narración Oral en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega


# Luns, 08/07/2013
As actividades de técnicas de oralidade e creación estará impartido polos escritores Antonio Reigosa e Isidro Novo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O prazo para solicitar praza remata o 15 de setembro e será totalmente gratuito

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada polo coordinador da sección de Literatura Oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Antonio Reigosa, e Isidro Novo, presentaron esta mañá o segundo obradoiro da Escola de Narración Oral da AELG, que se levará a cabo en outono.

Nesta segunda edición levarase a cabo un obradoiro de creación literaria que impartirá a partir do día 24 de setembro o propio coordinador da escola, Antonio Reigosa, xunto ao escritor lucense Isidro Novo. Con este obradoiro, aberto a todos os cidadáns maiores de 15 anos, abordaranse todos os ámbitos da oralidade, dende a tradición ás tendencias máis innovadores, co fin de inspirar a novos creadores e de estimular novas correntes baseadas nesa oralidade que tanto marcou a nosa literatura. 

Carmen Basadre sinalou que “visto o éxito da primeira edición decidiuse continuar xa que entendemos que a oralidade constitúe un dos piares fundamentais para transmitir a nosa cultura”.

Pola súa parte, Antonio Reigosa, explicou que “o obxectivo é traballar coa oralidade para transmitir toda a cultura e buscamos chamar a atencion sobre ese soporte comunicacional para volver a poñer en uso certas maneiras de transmitir que se foron perdendo por falta de uso e que hai uns anos eran do máis habitual”.

O curso, baixo o título Técnicas e exercizos prácticos de narración oral, desenvolverase ao longo de trece xornadas de dúas horas de duración do 24 de setembro ao 17 de decembro. As clases serán os martes de 18:00 a 20:00 horas no C.C. Uxío Novoneyra e a inscrición gratuíta poderá formalizarse entre o 9 de xullo e  o 15 de setembro no Rexistro Xeral do Concello de Lugo. O número de prazas é de 25 e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. 

Na escola que ten a súa sede no Centro Social Uxío Novoneyra estudaranse contidos que abranguen unha variada escolma de materias co fin de que o alumno acade notables coñecementos das técnicas da narrativa oral como son: 

- Oralidade con música: regueifa, repentismo, rap…
- Técnicas de improvisación oral
- Linguaxes non verbais da oralidade 
- Técnicas de lectura en voz alta 
- Fórmulas de inicio e remate dunha narración oral
- Para contar un conto ben contado 
- Repertorio do narrador/a oral 

Durante a primeira semana de novembro levarase a cabo a Semana da Oralidade con sesión prácticas aberta ao público.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova