Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Casa da Xuventude contará con novas actividades para os meses de xullo e agosto


# Luns, 08/07/2013
 Algunha das actividades teñen un prazo de inscrición que rematan entre o 15 e 17 de xullo

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá as actividades que se van levar a cabo durante os meses de xullo e agosto na Casa da Xuventude. Os participantes deberán ter entre 14 e 35 anos de idade para poder formar parte destes talleres. 

Desta maneira haberá actividades para todos os gustos:

Curso de creación de blogs que se desenvolverá os mércores entre as 19 e as 20 horas do 17 de xullo ao 28 de agosto. O prazo de inscrición remata o 17 de xullo.

Osixénate- Actividades físicas ao aire libre será os luns e mércores de 20 a 21 horas entre o 15 de xullo e o 28 de agosto. Non necesita incrición previa.

Curso de cociña internacional os luns de 20 a 21:30 hroas do 15 de xullo ao 26 de agosto. O prazo de inscrición remata o mesmo día de comezo.

Traballando con trapillo. Os mozos e mozas que se inscriban aprenderán a traballar con este material de decoración en sesións que se celebrarán os mércores entre as 12 e as 13.30 horas dende o 17 de xullo e ata o 28 de agosto. A inscrición remata o 16 de xullo.

Horto urbano, ecolóxico e autosuficiente. Esta actividade levarase a cabo os martes de 11  a 13 horas entre o 16 de xullo e o 27 de agosto. A inscrición remata o 15 de xullo.

Tamen poderán facer Ximnasia de Mantemento os luns de 10.30 a 11.30 horas para a que non é preciso inscrición previa e que se realizará entre os días 15 de xullo e 26 de agosto.

Taller de confección de velas terá lugar os mércores de 20 a 21 horas entre o 17 de xullo e o 28 de agosto. Tampouco precisa inscrición previa.

Para os amantes da reposteria ou aqueles que queiran aprender vaise realizar un Taller de Cup-Cakes os martes entre as 20 e as 21 horas do 16 de xullo e ata o 27 de agosto. O prazo para apuntarse remata o 16 de xullo.

Customiza a túa roupa tamén é unha actividade que se desenvolverá entre o 16 de xullo e o 27 de agosto. O prazo de inscrición remata o 15 de xullo.

Na Casa da Xuventude tamén se vai a desenvolver un Clube de Lectura en Inglés os mércores de 12 a 13 e outro de Castelán para estranxeiros os martes de 12 a 13 horas.

O 23 de xullo tamén se celebrará un Mercadiño de Intercambio entre as 11 e as 14 horas, nas que todas as persoas poderán intercambiar roupa, material, libros ou calquera utensilio por outros.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova