Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza a campaña Ti si que reciclas que se desenvolverá durante tres semanas no Casco histórico grazas a unha nova iniciativa que pon en marcha o Concello ó abeiro do Plan Urban


# Luns, 08/07/2013
Un grupo de monitores ambientais orientarán ós veciños ó pé dos colectores soterrados de como facer correctamente a recollida selectiva 

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Os Concelleiros de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e de Infraestruturas, Zona Rural e Medio Ambiente, Manuel Chaín, xunto coa Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, participaron no acto de posta en marcha da campaña de fomento da recollida sectiva Ti si que reciclas.

Esta campaña é unha nova iniciativa que pon en marcha o Plan Urban, programa que cofinancia ó 80% a Unión Europea, a través dos fondos FEDER, para facilitar a reciclaxe de residuos.  

Dende hoxe e durante tres semanas un grupo de educadores ambientais recorrerán as nove illas de colectores soterrados do Casco histórico para orientar e corrixir malas prácticas na separación e depósito de residuos.  

A campaña desenvolverase todos os días entre as catro e as oito e media da tarde a carón dos propios colectores. 

Ademais, este equipo de monitores elaborará un informe sobre as incidencias e erros que detecten respecto do depósito do lixo.

Esta iniciativa de divulgación medioambiental que se desenvolve in situ é o complemento dunha campaña de concienciación sobre a reciclaxe de residuos que puxo en marcha o mes pasado o Plan Urban no Casco Histórico coa distribución de  4.000 folletos informativos sobre a separación de residuos e o uso de cada tipo de colector. Os folletos repartíronse nas últimas semanas a  veciños, hostaleiros e comerciantes do Centro histórico. 

As dúas actuacións son un novo paso que dá o Concello para fomentar a recollida selectiva de lixo no Casco histórico, onde foron instaladas nove illas de colectores soterrados, que están situados nos seguintes puntos: Praza do Ferrol, Praza da Soidade, Rúa Teniente Coronel Teijeiro, Rúa Xoan Montes, Rúa Nóreas, Praza do Campo Castelo, Rúa Quiroga Ballesteros e Rúa María Balteira. A súa instalación financiouse en parte con fondos municipais e o resto con presuposto do Plan Urban.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova