Cargando....
Concello de Lugo
25/11/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Sete novas asociacións sociais contan con locais municipais grazas ao acondicionamento do edificio da rúa Monte Faro


# Mércores, 10/07/2013
López Orozco e González Abelleira visitaron as novas instalacións nas que se fixeron obras de mellora e accesibilidade

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, visitaron esta mañá as novas instalacións dos locais municipais para asociacións sociais sitas na rúa Monte Faro 2.

López Orozco sinalou que “este é un traballo importante do Concello xa que pon a disposición de diferentes asociacións sociais locais para que poidan desenvolver as súas tarefas diarias axudando a aquelas persoas que máis o necesitan”.Tamén se referiu a que o Concello de Lugo presta apoio e colaboración a asociacións e entidades privadas sen ánimo de lucro que actúan no noso municipio e que desenvolven programas e actividades de iniciativa social.

Na actualidade son 7 as asociacións que se están instalando nos diferentes locais e que  teñen un periodo de cesión en precario por un ano e que se poderán prorrogar ata un máximo de tres. Entre os requisitos esixidos na convocatoria estaban o de carecer de ánimo de lucro, estar legalmente constituídas ou levar desenvolvendo programas ou actividades de carácter social dentro do termo municipal de Lugo durante dous anos, entre outros.

As asociacións que contan cun local son a Asociación penitenciaria Concepción Arenal,  Asociación Corazóns Artesáns, Asociación de dano cerebral sobrevido/adquirido lugo (ADACE LUGO), Asociación Enriqueta Otero, mulleres luguesas contra a violencia de xénero, Asociación de inmigrantes y retornados rioplatenses de Lugo e a Asociación Reiki Lugo.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade salientou que “unha das maiores dificultades coas que se atopan as asociacións é a necesidade de dispor dun local para o desenvolvemento da súa actividade social” xa que na maioría dos supostos as asociacións teñen dificultades para adquirir un local en propiedade ou en alugamento.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova