Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de obras na línea de media tensión soterrada que enlaza a subestación de San Cibrao co centro de reparto de As Mercedes


# Mércores, 10/07/2013
O Concello aprobou a contratación do aluguer, montaxe e desmontaxe de 55 stand que alberguen as mesas de venda do San Froilán 2013


Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, tamén informou dos asuntos máis destacados aprobados esta maña na Xunta de Goberno Local e do que destacou a aprobación definitivia do proxecto de obras na línea de media tensión soterrada que enlaza a subestación de San Cibrao co centro de reparto de As Mercedes. A obra ten un presuposto de 1.613.550 euros e suporá unha importante mellora xa que garante o suministro eléctrico na cidade, no Hula e na nova depuradora.

Outro dos asuntos aprobados foi a aprobación inicial do proxecto de obras para crear unha nova conexión dunha canalización de gas existente no cruce da Rúa da Industria, na Avenida Benigno Rivera e na Rúa da Agricultura, para empresas sitas no polígono industrial do Ceao.

Sonia Méndez tamén informou da designación dos cinco membros do tribunal que farán a selección de persoal para o procedemento selectivo de 6 socorristas para a realización da vixiancia e salvamento acuático en áreas recreativas. Neste sentido, salientou que “por culpa da Xunta este ano a contratación destas persoas retrásase xa que non confirmaron a subvención ata a semana pasada” e non se pode esquecer que “o Concello non ten poder para facer novos contratos debido aos cambios feitos polo Goberno de España polo que non se poderían contratar a estas 6 persoas desempregadas sen a concesión desta autorización”.

Finalmente, tamén se aprobou a través dun procedemento aberto a contratación do aluguer, montaxe e desmontaxe de 55 stand que alberguen as mesas de venda do San Froilán 2013. Serán 42 stand modelo estándar con medidas de 3,40 metros de lonxitude, 2,10 metros de fondo, e  2,50 metros de alto para a Avenida de Rodriguez Mourelo e 13 stand modelo estándar con medidas 4,20 metros de longo, 2,10 metros de fondo e 2,50 metros de alto para a Praza Maior. O prezo do contrato será de 33.750 euros ive incluido.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova