Imprimir

O MUSEO INTERACTIVO DA HISTORIA DE LUGO ACOLLERÁ O PRIMEIRO PROXECTO ARTÍSTICO MIHL PROXECTOS NO QUE OS ARTISTAS TRABALLARÁN EN DIRECTO


11/7/2013 Este primeiro ciclo contará coa presenza de cinco artistas de diferentes ámbitos que durante 20 días exporán as súas instalacións


A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada polo coordinador do proxecto, Jesús Otero, e dos artistas Paco Pestana e Miguel Anxo Curiel, presentaron un novo proxecto artístico que ocupará diferentes espazos do Museo Interactivo da Historia de Lugo.

MIHL Proxectos é un ciclo cuns poucos artistas escollidos que intervirán en distintos espazos do museo habitualmente sen utilización expositiva como son a cafetería ou os espazos dos cilindros.

“Con esta nova iniciativa queremos crear un espazo pero de maneira que esté integrado o espazo e o artista para que as persoas que se acheguen ata alí poidan desfrutar, ver e interactuar co propio artista que este traballando” segundo explicou Carmen Basadre. Este novo proxecto vaise levar a cabo dende hoxe e ata finais do mes de setembro.

Cada intervención durará 20 días e irá seguida polo traballo no lugar, de xeito continuo ou descontinuo, do mesmo artista durante o tempo que lle resulte cómodo. Os artistas escollidos son de campos de acción diferentes e idades distintas, para evitar calquera sensación de homoxeneidade. Neste primeiro ciclo serán Doa Ocampo (proxección dunha animación de vídeo), Mónica Trastoy (instalación luminosa con luces led), Shui Lóng Xue Bào (instalación con debuxos), Miguel Ángel Curiel (proxección de vídeo sobre un poema) e Paco Pestana (performance con animais disecados e texto).

Pola súa banda, Jesus Otero, referiuse a importancia de crear novos espazos para que este sexa unha peza fudamental das creacións artísticas. Neste sentido asegurou que Lugo conta cun Museo impresionante para facer este tipo de intervencións contemporáneas como se fai noutros grandes museos contemporáneos como o MOMA ou o Guggenheim.

A proxecto artístico que se inagurou hoxe comeza coa performance de Paco Pestana nas que mesturará animais disecados, relixión e poesia