Imprimir

ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO CAMPUS DE BALONCESTO E INGLÉS SUMMER CAMP 2013


11/7/2013 Terá lugar entre os días 22 e 28 de xullo no Pazo Provincial dos Deportes

O  Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o representante da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Oscar Engroba, presentaron hoxe o a primeira edición do campus Summer Camp 2013 que organiza esta entidade e que se celebra entre o 22 e o 28 de xullo.


Trátase dunha campus de verán para nenos e nenas nacidos entre os anos 1994 e 2005, será integramente en inglés e está dirixido e diseñado por Luis Guil, entrenador da ACB e seleccionador nacional U19. No campus traballarase con entrenadores de fala inglesa que repartirán a carga deportiva e lectiva do campus en grupos reducidos e en diferentes niveis. As actividades terán lugar no Pazo Provincial dos Deportes.

Díaz Grandío destacou que se trata dunha actividades alternativa para este tempo de verán para levar a cabo unha mellora da práctica deportiva e formativa.


Para máis información e inscripción ajsc_lugo@hotmail.com ou no 619 66 27 09