Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello e o Colexio de Xestores de Galicia asinan un convenio para facilitar o pago do imposto sobre vehículos de tracción mecánica


# Venres, 12/07/2013
López Orozco destacou que con este novo acordo seguimos a senda para unha total modernización da administración local

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Delegación en Lugo do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, Eduardo Núñez-Torrón Freijo, asinaron un convenio para facilitar aos cidadáns os trámites do recibo do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, que, en supostos de novas adquisicións, se debe satisfacer con carácter previo á matriculación do vehículo.
 
Desta maneira, cando os cidadáns acudan a realizar algunha xestión para a tramitación do imposto de vehículos unha aplicación informática permitirá que sexan os propios membros do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia os que realicen o trámite dende as súas propias oficinas.

López Orozco sinalou que se trata dunha vella aspiración do Concello e que “estamos seguindo os pasos para unha total modernización da administración local que facilite os trámites aos cidadáns”.

Pola súa parte, Núñez-Torrón, manifestou o agradecemento do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia ao Concello xa que “contou con nós para que as entidades sigamos avanzando no uso das novas tecnoloxías e facilitando os trámites aos cidadáns”.

Con estas medidas preténdese avanzar na chamada ventanilla única da administración co obxectivo de faciliar os trámites burocráticos aos contribuíntes e conseguir tamén unha maior eficacia recaudatoria. Neste sentido, o Concello de Lugo, xa comezou as negociacións con diferentes entidades para seguir facilitando o abono dos impostos municipais evitando o seu desprazamento. Tamén con estes convenios se evita que os contribuíntes teñen que pagar recargos ao esquecerse dos períodos de pago voluntario. Así, o Concello xa conta con convenios con varias entidades bancarias ou co Colexio de Notarios dende onde se pode facer o pago da plusvalía na mesma notaría na que se realiza a transmisión do ben e poderase coñecer sobre os pagos do IBI pendentes do ben transmitido.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova