Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O día 17 de xullo comezan novos cursos de informática no Telecentro do Castiñeiro


# Venres, 12/07/2013
O prazo de matrícula será ata o día 16 de xullo ás 14.00 horas

O Telecentro do Castiñeiro ten programados para este mes de xullo novos cursos de informática segundo informa a Concellería de Servizos Xerais e Participación Cidadá.

Os cursos previstos son de informática, internet, creación web, seguridade na internet e nas redes sociais e informática para nenos e nenas maiores de 8 anos que se levarán a cabo  de luns a venres en horario tanto de mañá como de tarde. Ademais, tamén están as aulas abertas de acceso libre para os cidadáns.

O prazo de inscricións remata o martes 16 ás 14.00 horas. Para máis información e para facer as incricións hai que chamar ó teléfono 010.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova