Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Policía Local de Lugo estrea os novos uniformes adaptados á nova normativa galega


# Venres, 12/07/2013
 O Alcalde presidiu hoxe a presentación da nova uniformidade e dos vehículos da Policía Local que xa dispoñen da nova rotulación

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
 O Concello investiu 127.000 euros en dotar de novos uniformes a 128 policías locais

O Alcalde, José López Orozco, presidiu esta mañá a presentación dos novos uniformes da Policía Local de Lugo. 

O acto, no que tamén participaron o Xefe da Policía Local, Manuel Novo, e representantes dos tres grupos políticos que forman a Corporación municipal, tivo lugar esta mañá diante do Edificio da Policía Local.

O Alcalde destacou que a estrea dunha nova vestimenta supón darlle unha nova imaxe á Policía Local, así como dar cumprimento á normativa galega de coordinación das policías locais.

López Orozco tamén salientou o importante labor que desenvolve a Policía Local para facilitar a convivencia cidadá e indicou que está ó servizo dos cidadadáns, traballando para elo todos os días do ano.

“Queremos que aumente a confianza e o cariño dos cidadáns cara a Policía Local, que traballa os 365 días do ano a favor da comunidade, e ,aínda que ás veces a ten que poñer algunha multa, iso tamén forma parte do seu traballo na defensa da sociedade”, manifestou o Alcalde.

Pola súa parte, o Xefe da Policía Local destacou que a estrea dos novos uniformes supón”unha nova etapa” e fixo fincapé en que “esperamos servir ó pobo de Lugo o mellor posible”.

Os uniformes adaptados á nova normativa galega de Policías Locais, xa foron entregados ós 128 axentes da Policía Local de Lugo e serán a vestimenta que empreguerán  a partir de agora os axentes. 

O Concello investiu 127.079 euros na adquisición desta nova uniformidade para a Policía Local. 

Entre as prendas que compoñen o novo uniforme, tanto para verán como para inverno, figuran anorak, cazadora, polos de manga longa e curta, pantalóns e xersei, así como calzado, cinturón e gorra. O equipo complétase con palca identificada coa nova numeración que establece a lei autonómica, carnet profesional, carteira porta identificación e galoneiras e estudos normativos en toda a uniformidade. 

No mesmo acto, tamén foron presentados varios dos vehículos, coches e motos, da Policía Local que xa contan coa nova rotulación.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova