O Telecentro do Castiñeiro ten programados para este mes de xullo novos cursos de informática segundo informa a Concellería de Servizos Xerais e Participación Cidadá.
Os cursos previstos son de informática, internet, creación web, seguridade na internet e nas redes sociais e informática para nenos e nenas maiores de 8 anos que se levarán a cabo de luns a venres en horario tanto de mañá como de tarde. Ademais, tamén están as aulas abertas de acceso libre para os cidadáns.
O prazo de inscricións remata o martes 16 ás 14.00 horas. Para máis información e para facer as incricións hai que chamar ó teléfono 010.