Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os nenos saharauis que pasan o verán en Lugo visitaron hoxe o Concello


# Luns, 15/07/2013
Os nenos estiveron acompañados polas súas familias de acollida

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Alcaldesa accidental e Concelleira de Economía, Sonia Méndez, e a Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, recibiron hoxe ós nenos saharauis que están a pasar o verán con familias de Lugo e que efectuaron esta mañá unha visita ó Concello.

A Alcaldesa accidental deulles a benvida á nosa cidade ós oito nenos que este ano disfrutan das súas vacacións de verán en Lugo. Sonia Méndez tamén eloxiou a mostra de solidaridade que están a dar as familias acolledoras ó participar no programa “Vacacións en paz”.

Na visita participaron tanto os nenos e nenas como as súas respectivas familias de acollida en Lugo. Estiveron acompañados polas responsables da Asociación de Solidariedade co Pobo Saharahui en Lugo, Manuela Pacín, e en Galicia, Maite Isla, asi como polo delegado saharaui para Galicia, Alali Emboirik.

Nas súas intervencións, destacaron o apoio que presta cada ano o Concello de Lugo a este programa de Vacacións en paz e tamén agradeceron a solidariedade das familias lucenses que cada verán axudan a estes pequenos a disfrutar de moitas comodidades ás que non poderían acceder doutro xeito.

Ademais, aproveitaron para lembrar ás dificultades que pasa o pobo saharaui e reivindicaron unha solución para un conflicto que xa dura corenta anos.

A Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui pon en marcha cada ano este programa que lles permite ós rapaces disfrutar das vantaxes de vivir nunha sociedade desenvolvida, tanto no que se refire á alimentación e á saúde como as actividades de ocio, ó tempo que evitan sofrir as altas temperaturas de verán que soportan nos campamentos de refuxiados .

Este verán son oito, dous máis que o ano pasado, os nenos que disfrutan do verán en Lugo grazas a este programa de acollida.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova