Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Entregados os premios do concurso de ambientación romana e castrexa que convocaron o Concello e El Progreso con motivo do Arde Lucus


# Luns, 15/07/2013
Entregados os premios do concurso de ambientación romana e castrexa que convocaron o Concello e El Progreso con motivo do Arde Lucus

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Entregados os premios do concurso de ambientación romana e castrexa que convocaron o Concello e El Progreso con motivo do Arde Lucus

A Alcaldesa accidental e Concelleira de Economía, Sonia Méndez, e a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, participaron hoxe xunto coa Presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro, e Montserrat Núñez en representación da empresa Torre de Núñez, Montserrat Núñez, na entrega dos premios da segunda edición do Certame de Ambientación romana e castrexa do Arde Lucus.

O CEIP Quiroga Ballesteros recibiu o premio na categoría especial de centros escolares, dotado con 1.000 euros, e nesta modalidade, tamén se entregou unha mención especial á Escola Infantil Municipal Gregorio Sanz.

Na categoría de fachadas e balcóns, o premio de 1.000 euros foi para a vivenda situada na rúa do Progreso, 23-3ºB.

Na categoría de escaparates, recibiu o premio de 500 euros a representante do establecemento Cuki Bakes e na de locais de hostalería, que tamén tiña unha dotación económica de 500 euros, o premio foille entregado ó representante da cervexaría Lagar.

O xurado deste Certame estivo composto polo Alcalde, José López Orozco; a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre;  a Presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro; e representantes da asociación Lugnudum, Alba Villar, e do Senado, Carlos Maciñeiras, así como o xerente da empresa Torre de Núñez, José Manuel Núñez.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova