Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde lémbralle ó Conselleiro de Cultura que está pendente o Centro da romanización e pídelle que teña en conta o proxecto nos Orzamentos do ano que vén


# Martes, 16/07/2013
López Orozco asinou con Xesús Vázquez o convenio para arranxar o Museo de San Roque, que financiarán ó 50% o Concello e a Consellería.

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José Lopez Orozco, e o Conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, asinaron esta tarde o convenio de colaboración para executar as obras necesarias para reabrir o Centro Arqueolóxico de San Roque.

O acto tivo lugar esta tarde na Casa do Concello en el estiveron presentes a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, e representantes dos tres grupos políticos que forman a Corporación municipal.

No acto, o Alcalde pediulle ó Conselleiro de Cultura que non esqueza o proxecto para crear o Centro da romanización no Cuartel de San Fernando. López Orozco díxolle a Xesús Vázquez que “penses nel en setembro, cando se empeza a preparar o Orzamento, e lle adiques aínda que sexa unha cantidade simbólica porque sería un referente galego e un Centro para a conservación dos moitos restos arqueolóxicos que ten Lugo”. 
 
Tamén destacou o Alcalde que o convenio de colaboración asinado esta tarce permitirá resolver un tema pendente desde hai tempo e sinalou que elo será posible, unha vez máis, coa colaboración do Concello coa Consellería de Cultura. 

Tamén agradeceu o labor que fixeron, durante este tempo, os distintos Concelleiros de Cultura para chegar a unha solución para o Museo de San Roque.

Pola súa parte, o Conselleiro de Cultura respondeulle ó Alcalde, respecto do Centro da romanización, que “neste momento tan difícil temos que priorizar”.

En relación co convenio sinalou a importancia da colaboración entre distintas administracións e salientou que “San Roque é un dos principais xacementos de orixe romana que poden visitarse nesta provincia”.

Xesús Vázquez dixo que a Consellería de Cultura ten previsto licitar, a finais do mes de agosto, a reposición do alumeado do adarve da Muralla romana. Tamén anunciou o Conselleiro que se levará a cabo unha intervención para a conservación do cubo 13 da Muralla.

O convenio asinado hoxe para as obras de corrección de humidades no Centro Arqueolóxico de San Roque suporá un investimento de 57.540 euros, financiados ó 50% polo Concello e a Consellería. Os traballos consistirán na impermeabilización das instalacións, pavimentación exterior e reparación de acabados interiores. Unha vez que estean terminadas estas actuacións, abrirase de novo ó público, xa que tivo que ser pechado debido a falta de seguridade que presentaba o edificio. 



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova