Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentada a Domus do Mitreo, un valioso xacemento arqueolóxico que é testemuña de 2.000 anos da historia de Lugo


# Martes, 16/07/2013
Concello, Xunta e Universidade colaboraron para a musealización deste importante xacemento que reflicte os orixes da nosa cidade 

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Concello e a Universidade asinarán un convenio para organizar as visitas ós restos que apareceron cando se reahabilitou o Pazo de Montenegro como sede do Vicerreitorado


O Alcalde, José López Orozco; o Reitor da Universidade, Juan Casares Long, e o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, tomaron parte esta tarde na presentación pública do xacemento arqueolóxico da Domus do Mitreo. No acto tamén participou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, e outras autoridades. 

A posta en valor e musealización destes importantes achádegos arqueolóxicos realizouse ó abeiro dun convenio entre o Concello de Lugo, a Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Cultura. 

O Alcalde salientou que o Concello aportou 580.000 euros ó investimento feito para “descubrir máis sobre a orixe da nosa cidade” e dixo que “hoxe os lucenses temos máis motivos de sentirnos orgullosos porque fixemos ben as cousas”.

O Alcalde destacou o “traballo responsable de distintas administracións que foron quen de traballar en común” e agradeceu o gran labor feito por quenes “deixaron aquí o seu traballo e a súa intelixencia”. 

López Orozco manifestou que “agora é o momento de estudar o convenio para determinar como se van ensinar estes achádegos, que son unha das marabillas da nosa cidade, tanto ós lucenses como ós visitantes”. 

“O Concello tamén vai estar ahí, como estivemos na Fonte da Pinguela, como estaremos no Museo de San Roque e como traballamos para poñer en valor outros valiosos elementos do noso patrimonio como son a piscina de Santa María, o acueduto ou os restos da antiga Muralla na rúa Nova”, manifestou o Alcalde.

O acto de presentación da musealización da Domus do Mitreo completouse cunha visita guiada ás escavacións, que dirixiu o arqueólogo Celso Rodríguez Cao. 

Rodríguez Cao explicou que no solar que ocupaba o Pazo de Montenegro, un edificio neoclásico que foi rehabilitado para convertilo na sede do Vicerreitorado da USC, “temos prácticamente toda a historia de Lugo, por aquí pasaron 2.000 anos de historia”.

Domus e templo

A inicios da década pasada, as intervencións arqueolóxicas feitas con motivo dos traballos de rehabilitación do Pazo de Montenegro para convertilo en sede do Vicerreitorado, permitiron descubrir salientables estruturas e restos que amosaban a transformación da cidade romana.

Vista a relevancia dos achádegos, modificouse o proxecto inicial do edificio do Vicerreitorado co fin de garantir a conservación in situ destes importantes restos arqueolóxicos e para facilitar a súa exposición ó público.

As intervencións arqueolóxicas permitiron descubrir que ese solar tivo ocupación desde a época romana altoimperial ata os nosos días. Na zona descubríronse unha domus, un mitreo e o lenzo completo da muralla baixoimperial. 

Atopáronse importantes restos de pintura mural en varias estancias da domus. O mitreo, un pequeño edificio de planta rectangular adicado ó culto de Mitra, localízase na parte alta da edificiación. A construción presenta grandes similitudes con outros mitreos descubertos en distintos lugares do Imperio romano e constitúe unha evidencia clara que testemuña a presenza de cultos orientais en Lucus Augusti.

Tamén foi descuberto o lenzo completo da Muralla baixoimperial, unha importante construción que supuxo a destrución e selado parcial da domus e amosa claramente o cambio de trazado da cidade romana neste momento. O lenzo da Muralla romana escavaco atópase nun estado de conservación excelente e acada un alzado moi importante.

Ademais atopáronse restos de distintas épocas da historia da cidade como vidros, cerámicas, moedas e ata esqueletos perfectamente conservados. 

Investimentos municipais no patrimonio cultural

O Concello aportou 573.133 euros para a posta en valor dos achádegos arqueolóxicos da Domus do Mitreo. Ademais financiou con 84.832 euros o proxecto de urbanización da Fonte da Pinguela e entorno da Porta Miñá. No Museo de San Roque fará unha achega de 28.770 euros e leva investidos outros 224.642 euros en outras actuacións de revalorización do patrimonio como son as ventás arqueolóxicas da Piscina romana de Santa María, do Acueducto de San Marcos e da Rúa Nova. 

Moitas destes investimentos fixéronse con cargo ó Plan Urban, que cofinancian a Unión Europea, a Deputación e o Concello de Lugo. 



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova