Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentados os proxectos que realizaron os alumnos do proxecto Iacobus para o Pazo de Dona Urraca


# Mércores, 17/07/2013
O Concello de Lugo colaborou coa Universidade da Coruña neste proxecto europeo de formación de alumnos de arquitectura

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco; o Reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luis Armesto, e o profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura e coordinador do programa Iacobus, Felipe Peña, presentaron hoxe os proxectos feitos en Lugo polos estudantes que participan neste programa europeo sobre Rehabilitación do patrimonio.

A Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña escolleu Lugo para que os alumnos da Escola de Arquitectura da Coruña, de Alemaña e de Francia, que participan no programa Iacobus fixeran varios destes traballos. 

Primeiro fixeron unha proposta para crear un albergue de peregruinos na cabeceira da Ponte romana, despois traballaron coa idea da construcción dunha residencia para un director de cine a carón da Porta Miñá e, por último, realizaron un proxecto para unha suposta rehabilitación do Pazo de Dona Urraca para convertilo nunha Cinameteca de Galicia, Arquivo e Centro de Estudos do Cine Galego.

A iniciativa da Escola de Arquitectura contou coa colaboración do Concello, que tamén contribuirá á publicación dos traballos realizados, que se presentaron hoxe en Lugo.

Un xurado formado por profesores de Francia, Alemaña e A Coruña elixiron como mellor dos 38 proxectos para a rehabilitación do Pazo de Dona Urraca  a proposta que deseñaron as alumnas Lara de Diego e María Lueiro, que foron as gañadoras do premio Rafael Baltar.

A selección do proxecto gañador realizaouse na cidade francesa de Clermont Ferrand.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova