Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo apoia nas súas reivindicacións ós afectados polas preferentes e pide que se lles devolva o diñeiro


# Mércores, 17/07/2013
O Alcalde e os Voceiros do PP e do BNG compareceron con representantes da Plataforma de afectados para manifestar o apoio da Corporación municipal, que tamén tomou un acordo plenario por unanimidade

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Concello de Lugo volveu expresar hoxe o seu apoio ós afectados polas preferentes na loita que manteñen para recuperar os seus aforros.

O Alcalde, José López Orozco, e os Voceiros do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, e do BNG, Antón Bao, xunto cos representantes da Plataforma de afectados polas preferentes, Xavier Novo e Digna Lagarón, participaron nun acto no que se reclamou a devolución dos cartos a todos os aforradores que foron vítimas das preferentes.

O Alcalde destacou que o apoio desta Corporación ós afectados polas preferentes xa se manifestou nun acordo plenario aprobado por unanimidade e sinalou que o feito de que hoxe volvan estar dando ese apoio os tres grupos políticos representa o espíritu de colaboración para lograr o obxectivo de lograr a recuperación dos cartos.

No acto, celebrado esta mañá no Salón de Plenos da Casa do Concello, estiveron presentes numerosos membros da Plataforma de afectados polas preferentes que reivindican a devolución dos seus cartos.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova