Imprimir

COMEZAN AS OBRAS DE ASFALTADO DA ESTRADA DE ORBAZAI, ENTRE A IGREXA DE SAN LÁZARO E A PONTE DO MERA


18/7/2013 Os traballos durarán un mes e obrigarán a facer cortes de tráfico

A Concellería de Infraestruturas, Zona Rural e Medio Ambiente, que dirixe Manuel Chaín, informa que dende hoxe comezan as obras de asfaltado da estrada de Orbazai, no treito comprendido entre a Igrexa de San Lázaro e a ponte do río Mera. 


Os traballos empezarán con labores de preparación do vial (limpeza de cunetas, sumidoiros, etc).

Posteriormente, cando comecen os traballos de aglomerado será preciso cortar a estrada á circulación de vehículos, algo que, segundo informa a Policía Local, farase por treitos. 

A empresa adxudicataria informará ós residentes do devandito corte con dous días de antelación.

Os traballos terán unha duración aproximada dun mes e serán executados pola empresa Asogal Construcciones.