Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aberto o prazo de solicitude das subvencións que concede o Concello de Lugo a proxectos de cooperación


# Xoves, 18/07/2013
A Concelleira de Benestar Social anunciou que o Concello adica 90.000 euros a cooperación ó desenvolvemento 

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
As subvencións pódense solicitar ata o 9 de agosto


A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, anunciou este xoves que xa está aberto o prazo para que as ONGD interesadas presenten as súas solicitudes para acollerse ás axudas que concede o Concello de Lugo para proxectos de cooperación.

González Abelleira explicou que o Concello de Lugo, un ano máis, destina 90.000€ para a cooperación ao desenvolvemento, comprometendo unha porcentaxe do seu orzamento para subvencionar actuacións para países en vías de desenvolvemento co propósito de promover o progreso económico e social dos países do Sul de xeito que a súa relación cos do Norte sexa máis equilibrada e sostible. 

Da cuantía total, destinaranse 70.500 € a subvencionar proxectos de cooperación ao desenvolvemento e 19.500 irán destinados a financiar proxectos de sensibilización social

O ano pasado, cun presuposto igual ó de este ano, o Concello financiou 6 proxectos de cooperación e outros 3 de sensibilización.

Obxecto e finalidade

Estas bases regulan a concesión de subvencións a organizacións non gobernamentais de desenvolvemento (ONGD) para a realización de proxectos concretos de cooperación en países menos desenvolvidos e de sensibilización na cidade de Lugo. 

A finalidade é financiar a realización de accións e proxectos que contribúan a:
a) Satisfacer as necesidades básicas (alimentación, vivenda, saúde, educación, servizos sociais, implantación de pequenas infraestruturas) da poboación dos países máis empobrecidos. Estas accións deberán revestir certa permanencia ou estabilidade, excluíndoseos proxectos de axuda humanitaria dirixidos a paliar situacións transitorias derivadas de catástrofes ou similares.
b) Impulsar e executar accións de desenvolvemento local sostible e autosostido, entendendo como tales as orientadas ao desenvolvemento, sostibilidade e atención ás necesidades socioeconómicas da poboación (prestación de servizos básicos de luz, auga, transporte, rehabilitación de áreas urbanas…)
c) Executar accións de sensibilización, información e educación para o desenvolvemento. Enténdese por tales as executadas no Concello de Lugo que estean dirixidas a fomentar o espírito de solidariedade, que melloren o coñecemento e información acerca da problemática dos países menos desenvolvidos, que estimulen a participación da cidadanía lucense nas tarefas de cooperación internacional e desenvolvemento dos pobos.

Prioridades

1.- Para os proxectos de cooperación ao desenvolvemento:
a) Que se trate de proxectos para desenvolver en África ou nalgún dos países que no momento desta convocatoria se encontren nos índices máis baixos de desenvolvemento humano.
b) Que se trate de proxectos destinados a satisfacer necesidades sociais básicas (saúde, educación, seguridade alimentaria, acceso á auga, saneamento básico e mellora das condicións de habitabilidade da vivenda.
c) Que incorporen as prioridades transversais da cooperación galega incluídas no II Plan director da cooperación galega para o desenvolvemento 2010- 2013:
-  loita contra a pobreza.
-  equidade de xénero 
- defensa da sustentabilidade ambiental
- respecto polos dereitos humanos 
- defensa da interculturalidade 
d) Que dean participación á poboación beneficiaria dende a súa elaboración e deseño ata a súa execución e avaliación.
e) Que dean continuidade a proxectos anteriores.
2- Para os proxectos de sensibilización social:
a) Que fomenten os valores de: solidariedade, comercio xusto, consumo responsable, defensa dos dereitos humanos, os valores medioambientais e os de defensa da equidade de xénero.

Incompatibilidades

A presentación, por parte das ONGD, de máis dun proxecto, xa sexa de cooperación ao desenvolvemento ou de sensibilización social, no exercicio económico vixente, determinará a súa eliminación do proceso de concorrencia competitiva.

Prazo e bases

O prazo para solicitar as subvencións, que se convocan en réxime de concorrencia competitiva, está aberto ata o día 9 de agosto 

As bases xerais reguladoras da convocatoria foron publicadas no BOP o día 9 de xullo.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova