Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde e a Concelleira de Cultura entregaron hoxe os diplomas ós alumnos dos cursos que se impartiron na Casa da Xuventude


# Xoves, 18/07/2013
 

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, entregaron hoxe os diplomas ós alumnos participantes nos cursos organizados pola Casa da Xuventude.

O Alcalde felicitou ós mozos participantes nesta oferta formativa do Concello e agradeceulles que confiaran para completar a súa formación na programación ofrecida este curso pola Casa da Xuventude.

Pola súa parte, Carmen Basadre destacou que foron case unha vintena as actividades e obradoiros que se levaron a cabo na Casa da Xuventude, que trataron de temáticas moi diversas e destacou entre eles os dous cursos de Stop Motion, un de iniciación e outro de perfeccionamento, impartidos polo prestixioso director de cine Fernando Cortizo e o músico e operador de cámara Carlos Fernández García, nos que os alumnos como se fan as películas de animación con plastilina. Dúas curtametraxes realizadas polo alumnado destes cursos presentáronse hoxe no acto de entrega dos diplomas e a Concelleira sinalou que varios dos mozos participantes nestas actividades de formación atoparon ahí un camiño para o seu futuro profesional.

En total foron 120 os alumnos que tiveron este ano os cursos da Casa da Xuventude, que trataron sobre Uso de novas tecnoloxías, Iniciación ó Alemán, Inglés Profesional, Inglés Intermedio, Cociña económica, Cómo falar en público, Retoque fotográfico, Stop Motion (iniciación e perfeccionamento), Guións de radio, teatro e televisión, Cómo escribir un relato, Cómo escribir un monólogo, Periodismo e medios de comunicación, Taichi, Iniciación ó Contaplus, Aerobic latino e Baile.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova