Imprimir

A CONCELLEIRA DE CULTURA EXPRESA A SÚA LEDICIA POLA PROXECCIÓN DE LUGO E A MURALLA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN NACIONAIS


18/7/2013

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, manifestou hoxe a súa satisfacción pola proxección que está a ter Lugo en medios de comunicación de ámbito nacional. 


Basadre fixo estas declaracións logo da emisión, onte, dunha reportaxe sobre o Arde Lucus en Televisión Española en horario de máxima audiencia e, tamén, porque a Muralla de Lugo é un dos monumentos con presenza máis destacada na publicidade da Volta Ciclista a España.

A reportaxe sobre o Arde Lucus, que foi gravada durante a celebración da última edición da festa romana de Lugo, emitiuse no programa "Comando actualidad", na primeira cadena de Televisión Española.   

A Concelleira de Cultura dixo que, por primeira vez Lugo e a súa Muralla, están a ter a repercusión que merecen nos medios de comunicación nacionais, un fenómeno que xa comezou o pasado mes de xuño, con motivo da celebración da festa do Arde Lucus.