Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O luns terá lugar a próxima excursión do plan turístico Terras da Auga e Cultura


# Venres, 19/07/2013
 O destino nesta ocasión será Rábade onde se visitará a Feira e o prazo de inscrición acaba mañá

 A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa de que 
o vindeiro luns vaise celebrar a quinta excursión organizada dentro de "Terras de Auga e Cultura", un programa de promoción turística da zona rural de Lugo, O Corgo e Rábade.

Nesta ocasión o destino será Rábade e a data da excursión cambiouse ó luns porque se trata de coñecer o animado ambiente que se vive na Feira de Rábade. 

Aproveitando a celebración deste mercado tradicional vanse visitar, tamén, os recuncchos máis fermosos desta vila. O percorrido inclúe visita á Casa das Insuas,  roteiro circular a carón do río, Feira de Rábade e visita por outros puntos de interese da vila. 

O prazo de inscrición estará aberto ata mañá ás 14.00 horas.

A saída será o luns, ás 10:30 horas, da zona peonil da Ronda da Muralla (altura Porta de Bispo Aguirre) e volta ó mesmo punto sobre ás 18:30 horas. Recoméndase levar auga, o uso de roupa e calzado cómodo para camiñar, porque se fará unha andaina dunha hora e media de duración. Non son traxectos duros nin longos, polo que está recomendado para todos os públicos. 



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova