Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Escola Municipal de Música terá tres aulas máis no vindeiro curso


# Luns, 22/07/2013
A Concelleira de Cultura visitou as obras de ampliación da Escola de Música e anunciou que desde hoxe pódese ver a Domus do Mitreo en visitas guiadas polo arqueólogo Celso Rodríguez Cao

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
As visitas, mentres non se pecha o convenio entre o Concello e a Universidade,  serán de luns a venres, no mes de xullo, e os sábados e domingos de agosto, en horario de 11.00 a 15.00


A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, visitou hoxe as obras de ampliación da Escola Municipal de Música que contará no próximo curso con tres aulas máis, habilitadas na primeira planta do Centro de convivencia Uxío Novoneyra. 

Cos novos expazos que se están acondicionando, a Escola disporá de 150 novas prazas para o vindeiro curso 2013-2014.

Este proxecto de ampliación da Escola municipal de Música supón un investimento de 48.690 euros para acondicionar tres novas aulas das seguintes dimensións: 29,13 metros cadrados, 34,30 metros cadrados e 38,25 metros cadrados, todas elas perfectamente insonorizadas. 

As obras estarán rematadas no prazo de quince días de xeito que o número de alumnos achegarase ós 500.

Entre as materias que se imparten na Escola Municipal de Música, tanto a nenos como a adultos, figuran ensinanza da linguaxe musical e instrumentos sobre todo de vento e percusión (frauta, clarinete, saxofón, fagote, gaita, percusión tradicional, entre outros).

A Concelleira de Cultura aproveitou a súa visita ás obras de ampliación da Escola de Música para anunciar o proxecto Sons Lugo Records, que lle dará a oportunidade de gravar un cd a dez agrupacións musicais ou artistas de Lugo que ensaian na Casa da Música. 

O disco, que se empezará a gravar a principios de agosto, completarase coa aportación musical da Banda Municipal. 

Este proxecto complétase con actuacións en directo en distintos lugares da cidade a partir do mes de setembro, segundo explicou o produtor musical Eloi Caldeiro. 



Portas abertas na Domus do Mitreo

A Concelleira de Cultura tamén anunciou que desde hoxe e mentres non se asina o convenio que teñen en estudo o Concello e a Universidade para regular a apertura ó público da Domus do Mitreo haberá unhas xornadas de portas abertas para que todas as persoas interesadas poidan coñecer este importante xacemento arqueolóxico de Lugo.

As visitas serán guiadas polo arqueólogo que dirixiu a excavación, Celso Rodríguez Cao e serán de luns a venres, en horario de 11 a 15 horas, durante o que queda do mes de xullo. En agosto, mes no que pecha as súas instalacións a Universidade, as visitas serán os sábados e domingos, tamén de 11 a 15 horas. 

Visitas turísticas

A Concelleira confía en que a musealización e apertura ó público destes valiosos restos arqueolóxicos contribuirá a promocionar aínda máis o patrimonio cultural de Lugo e atraer máis turismo á cidade.

Basadre fixo balance das visitas turísticas que se recibiron en  Lugo no primeiro semestre do ano. Ata mediados do mes de xullo o número total de visitantes computados no Centro de Interpretación da Muralla foi de 18.154 persoas ás que se engaden 9.123 visitas rexistradas no mesmo período no Museo Interactivo da Historia de Lugo, de xeito que foron en total 27.277 as visitas rexistradas. No mesmo período do ano pasado o número de

visitantes foi de 18.798.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova