Cargando....
Concello de Lugo
17/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo volve ser protagonista do cupón da ONCE con motivo do 75 aniversario desta entidade


# Luns, 22/07/2013
O cupón de mañá estará adicado ás polbeiras do San Froilán

O Alcalde asistiu hoxe á presentación dunha colección de cupóns adicados a Galicia


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, asistiu hoxe á presentación dos cupóns que adica a ONCE a Galicia, dentro da serie “O mellor da nosa terra”, entre os que figura un adicado a Lugo, concretamente á festa do San Froilán.

O Alcalde participou no acto de presentación, que tivo lugar esta mañá na cidade da Corupa, co Delegado Territorial da ONCE, Manuel Martínez Pan; o Conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, e de outras autoridades como os alcaldes de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e de Dumbría, José Manuel Pequeño, e o Presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

Nesta serie de cupóns adícase un a cada provincia galega para promocionar tradicións ou lugares de Galicia especialmente importantes.

“As Polbeiras de San Froilán, de Lugo” son a imaxe do cupón do día 23, adicado á tradición nos fotóns. O Alcalde, José López Orozco, recolleu de mans do Delegado Territorial da ONCE en Galicia unha reproducción enmarcada do cupón. A ONCE explica que escolleu esta estampa para representar á provincia de Lugo porque “o costume das casetas para comer o polbo, xa é centeneria, posto que se xeneralizou a principios do século XX cadrando coas festas na honra a San Froilán, aínda que a tradición pérdese nos séculos, porque está documentado que xa no Lugo medieval se consumía moito polbo coincidiendo coa feira pero seco, que era o xeito tradicional de conservación”.

O cupón adicado a Pontevedra foi o de hoxe e está adicado á Praza da Leña.  O da provincia da Coruña será o do día 24 e reproduce a Fervenza do Ézaro e o día 25 estará adicado ó Entroido de Ourense.

Trala presentación dos cupóns inaugurouse a exposición “O mellor da ONCE e a súa Fundación”, que conmemora o 75 aniversario da entidade e o 25 da súa Fundación. A mostra, instalada nun autobús, reflicte os avances na vida das persoas con discapacidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova