Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello presenta o proxecto de construción dun ascensor para mellorar a accesibilidade do barrio do Sagrado Corazón


# Martes, 23/07/2013
O Alcalde destacou que se trata do cumprimento dun compromiso moi demandado polos veciños do barrio

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O ascensor terá tres paradas e salvará unha altura de máis 10 metros para comunicar Carlos Azcárraga coa parte alta do Sagrado Corazón

O proxecto, redactado por Evislusa, suporá un investimento de máis de 222.000 euros que se financiarán só con fondos municipais



O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas, Zona Rural e Medio Ambiente, Manuel Chaín, presentaron hoxe o proxecto para a construción dun ascensor que mellorará a accesibilidade do barrio do Sagrado Corazón.

O Alcalde destacou que se trata dun proxecto moi desexado polos veciños, xa que contribuirá decisivamente a mellorar a comunicación do barrio, e que nace como consecuencia dun compromiso asumido no seu día cos residentes na zona que ten importantes problemas de accesibilidade.

O Alcalde lembrou que a idea de construir o ascensor no barrio do Sagrado Corazón xestouse cando se levaron a cabo as importantes melloras nas vivendas desta zona, grazas ás actuacións desenvolvidas no marco da Área de Rehabilitación Integral, e nas que colaboraron estreitamente a administración e os veciños do barrio, que fixeron posible, coa súa implicación, a gran transformación que experimentou o barrio.

López Orozco sinalou que a construcción do ascensor pretende facer do Sagrado Corazón un barrio máis accesible, en especial para as persoas que teñen problemas de mobilidade reducida, e adiantou que o proxecto do elevador suporá que tanto residentes como visitantes poidan acceder ó barrio en dous niveis, un á altura da Igrexa e outro á altura do Colexio.

Tamén indicou o Alcalde que a idea de facer un elevador para salvar o desnivel existente entre as partes baixa e alta do barrio é algo novedoso en Lugo pero en outras cidades é un medio de transporte habitual que, ademais, nalgúns casos, como o de Lisboa, ten un gran valor estético.

O Alcalde anunciou que a semana que vén o Concello manterá unha reunión cos veciños do barrio para darlles máis detalles sobre o proxecto e a maqueta que foron deseñados pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo, Evislusa.

O Concelleiro de Infraestruturas, pola súa parte, detallou que o ascensor terá base na rúa de Carlos Ázcárraga, onde terá a primeira parada; a segunda será a 6,75 metros de altura, na praza da Igrexa, e a última á 10,13 metros de alto, e estará comunicada, a través dunha pasarela, coa parte alta do barrio.

O proxecto supón a construcción dun ascensor panorámico, que será acristalado, e irá instalado sobre unha estrutura metálica, e terá capacidade para transportar nunha viaxe de 8 a 12 persoas.

O orzamento total deste proxecto estímase en 222.479 euros e financiarase  exclusivamente con recursos económicos do Concello de Lugo.

O Concelleiro de Infraestruturas manifestou, ademais, que está previsto que a contratación da obra se faga antes de acabar este ano.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova