Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello habilitará unha nova zona de xogos infantís na zona de Paradai


# Mércores, 24/07/2013
A Xunta de Goberno aprobou sacar a concurso esta obra cun presuposto de 42.000 euros

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Goberno local tamén aprobou a mutación demanial dunha parcela á Universidade para prácticas e investigación


O Concello investirá 42.000 euros na instalación de xogos infantiles na zona de Paradai, segundo anunciou a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local. 

Méndez explicou que a contratación das obras, que foi aprobada hoxe polo Goberno local, suporá a ampliación da área de xogos infantís existentes na zona, que eran insuficientes, tal como demandaban os veciños, coa instalación de dous bambáns, unha torre activa, un carrusel xiratorio, un resorte e un tobogán.

O obxecto do concurso é a contratación da execución dunha área de xogos infantís, coa instalación dos correspondentes xogos infantís, valado perimetral regulamentario, cartel indicativo e pavimento amortecedor de seguridades. 

O acordo que tomou a Xunta de Goberno Local supón a apertura do procedemento de contratación cun presuposto que ascende a unha contía máxima de 42.000 euros e o prazo de entrega e de funcionamento será como máximo de dous meses. 


Parcela para a Universidade

O Goberno local tamén tomou outro importante acordo, neste caso en apoio da Universidade, xa que esta mañá a Xunta de Goberno aprobou definitivamente o expedente de mutación demanial subxectiva a efectos de adscribir a favor da Universidade de Santiago de Compostela unha parcela propiedade do Concello de Lugo, situada no polígono Sur-K, para ser destinada a finca de prácticas do alumnado que curse estudos vinculados a ciencias agrarias e para que o profesorado vinculado a grupos de investigación, departamentos ou institutos universitarios no ámbito das ciencias agrarias desenvolva a súa actividade investigadora. 

A Concelleria de Economía explicou que hoxe dase aprobación definitiva a unha colaboración da que xa está tirando partido a Universidade, que xa está a traballar na mendionada parcela, e dixo que esta é “unha mostra máis do apoio que dá o Concello á Universidade”.

Tamén destacou Sonia Méndez que “este é o grao de area que aporta o Concello para que manter a investigación nunha época na que a Univesidade está a sofrir tantos problemas derivados dos recortes económicos”.

A parcela, que ten unha superfice de 13.217 metros cadrados, continuará sendo de titularidade municipal  e tendo calificación de dominio público e o uso previsto no planeamento. O acordo de mutación demanial terá unha duración de 49 anos e tamén se establece que de non darselle o uso indicado, o terreo -con todas as súas pertenencias e accesorios- revertirá ó Concello. Tamén se establece que serán de conta da USC a realización de todas as obras e instalacións necesarias para posibilitar o destino para o cal se tramitou este expedente. 


Urbanismo

Outros acordos tomados hoxe pola Xunta de Goberno Local foron a concesión da licenza para a demolición dunha edificiación situada na rúa Pintora Xulia Minguillón, número 5, que se atopaba en estado ruinoso, e para a reforma dun local situado no baixo do número 36 da rúa do Progreso. 


 
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova