Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo pide a retirada da Reforma Local que se propón levar adiante o Goberno porque perxudica ós cidadáns e vulnera a autonomía local


# Mércores, 31/07/2013
Sonia Méndez reivindica unha reforma que clarexe competencias e as dote de financiamento para que os concellos poidan seguir prestando servizos

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Goberno Local aproba adicar 400.000 euros ó Centro de día Antonio Gandoy e 200.000 á actividades extraescolares nos colexios públicos


A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, censurou hoxe o proxecto de Lei de  Reforma Local aprobada polo Goberno de Mariano Rajoy e pediu a súa retirada polos perxuizos que sofrirán os cidadáns na prestación de servizos dende as administracións que lles son máis próximas.

Sonia Méndez explicou que a reforma que vén de aprobar o Goberno de España 
“o único que fai é perxudicar ós cidadáns ó eliminar a autonomía local, consagrada pola Constitución e pola Carta Europea de Autonomía Local”.

“En lugar de facer unha clarificación de competencias e de repartir os fondos públicos de xeito que se poidan exercer debidamente, o que fai o Goberno é privar ós concellos da posibilidade de exercelas e os grandes perxudicados van ser, unha vez máis, os cidadáns”, explicou a Concelleira de Economía.

Sonia Méndez destacou que  “esta lei non clarifica o reparto competencial nin soluciona o problema de financiamento de servizos, o único que fai é agravar o problema, de feito nin sequera os alcaldes do PP están dacordo con ela e tamén hai un informe negativo do Consello de Estado”.

Por todo elo, o Concello de Lugo, explicou a Concelleira de Economía, solicita que se revise, “porque a reforma é necesaria e urxente pero debe facerse con sentido común, o que reivindicamos é unha lei que atribúa expresamente as competencias, acompañadas do financiamento adecuado para que poidamos seguir prestando os servizos ós cidadáns”.

Sonia Méndez fixo estas declaracións na rolda de prensa na que informou dos acordos adoptados este mércores pola Xunta de Goberno Local.

O Goberno local aprobou hoxe a revisión de prezos para os servizos do Centro de día Antonio Gandoy, que ten un custe de 406.000 euros, e das actividades extraescolares que leva a cabo a Concellería de Educación nos CEIPS, nas que o Concello inviste case 234.000 euros. Acordouse prorrogar por un ano o contrato para a prestación do servizo de atención ó público, coordinación e desenvolvemento de actividades socioeducativas das Casas das Línguas da Estrada da Granxa e a Piringalla, cun prezo máximo de 90.900 euros.

Tamén se acordou sacar a licitación, cun presuposto de 80.000 euros, o proxecto de sinalización turística rural dos concellos de Lugo, Rábade e O Corgo. Méndez destacou que este proxecto, que xa ten en marcha as rutas Terras da Auga e Cultura, conta con financiación europea e nel colaboran tres concellos para a difusión e promoción conxunta do turismo rural. 

Ademais, a Xunta de Goberno decidiu resolver a concesión do caldeiro de polbo número 2 do San Froilán. Esta decisión débese ó impago da taxa correspondente a 2013, a pesar dos requerimentos feitos, polo que se acordou a resolución da concesión e volver adxudicalo para as Festas de San Froilán de 2013 e 2014.

Na área de Urbanismo, acordouse conceder unha licenza de demolición parcial consistente no baleirado interior en edificio con proxecto de rehabilitación en trámite, no número 16 da rúa Tinería e outra licenza para a rehabilitación dos edificios números 8 e 10 da rúa Bolaño Rivadeneira. 

Outro asunto aprobado foi a desestimación da solicitude presentada pola USC en concepto de bonificacións do IBI e do ICIO, xa que a cantidade solicitada está amplamente compensada coa cesión de dúas parcelas para finca de prácticas e Aula de produtos Lácteos.

Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova