Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade presentou unha nova edición dos certames de fotografía e de deseño gráfico contra a violencia de xénero


# Venres, 02/08/2013
Os premios están dotados con 600 euros e un agasallo teñen como finalidade a prevención da violencia e o machismo a través de traballos artísticos

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana G. Abelleira, presentou esta mañá unha nova edición dos certames de deseño gráfico e de fotografía contra a violencia de xénero e o machismo.

Ana González Abelleira destacou que “son certames que xa se coñecen fóra de Galicia e ao que se presenta cada vez máis persoas polo que se pode considerar unha boa actividade para axudar a concienciar á cidadanía do machismo e da violencia de xénero”.

O primeiro deles é o IV Certame de fotografía Revelando o Machismo, onde os traballos presentados teñen que plasmar unha imaxe relativa á desigualdade entre homes e mulleres, o sexismo, ou a violencia de xénero entre outros temas. O premio está dotado con 600 euros e un agasallo. O prazo para participar remata o 18 de outubro.

Tamén se presentou o concurso de Deseño Gráfico contra a Violencia de Xénero e na que os participantes deberán destacar o tema da violencia de xénero e no que se valorará o impacto das frases ou lemas que conteñan ditos deseños. Será requisito indispensable que figure o símbolo da Casa da Muller e do Concello de Lugo. Ademais servirá como cartel da Xornada contra a Violencia de Xénero que se celebra no mes de novembro e como campaña de sensibilización e difusión en materia de prevención. O premio está dotado con 600 euros e un agasallo. O prazo para participar remata o 15 de outubro.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova