Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade manifestou a súa preocupación ante as novas actuacións e a deixadez de atención levadas a cabo por parte do goberno da Xunta e do Estado


# Martes, 06/08/2013
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade manifestou a súa preocupación “ante as novas actuacións e a deixadez de atención levadas a cabo por parte do goberno da Xunta e do Estado”

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana GonzálezAbelleira, presentou a memoria das actividades levadas a cabo na Casa da Muller durante o ano pasado e que atendeu a un total de 1.187 mulleres, máis de 100 que no ano anterior.

A responsable da área de Igualdade deu a coñecer que o total de consultas realizadas foi de 3.942, das que máis de mil foron en persoa no propio centro, a maioría das mulleres residian en zona urbana e delas 716 xa realizan máis consultas noutras ocasións. Das 1.187 mulleres atendidas, 887 aseguraron haber sufrido ou estar en risco de sufrir malos tratos algunha vez na súa vida “unha cifra sorprendente que parece que a Xunta e o Estado non teñen en conta á hora de aplicar recortes e medidas que o único que fan é deixar nunha situación aínda máis vulnerable a estas mulleres” segundo a Concelleira. No que á tipoloxía das consultas realizadas, 1461 foron de ámbito xurídico, 1599 de ámbito social e 882 de ámbito psicolóxico.

González Abelleira sinalou que “é importante que as administracións públicas que teñen as competencias traballen en prol das mulleres e, instamos tanto á Xunta como ao Estado, para que melloren as leis existentes e non se esquezan da protección das mulleres”. Neste sentido, a Concelleira, referiuse a eliminación dos centros de atención á muller, ao retraso na resolución de prestacións económicas para que poidan ser independentes ou ás taxas xudiciais ás que teñen que facer fronte para denunciar ao agresor, “unhas medidas que non facilitan a vida destas mulleres cunha dificil situación persoal”.

Ademais dende a Casa da Muller leváronse a cabo programas para previr e traballar en contra da discriminación de xénero como a posta en marcha dos Plans de Igualdade ou o programa Educando en Igualdade na que participaron alumnos de primaria e de secundaria, que traballaron a importancia da igualdade ou da escola mixta a través de material didáctico axeitado ás idades. Ademais tamén se manteñen os diferentes certames cos que incentivar a participación e a concienciación dos cidadáns.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova