Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo destaca a boa calidade dos servizos que presta e informa que se abrirán as investigacións precisas para aclarar este accidente fortuíto


# Martes, 06/08/2013
Luis Álvarez destacou a excepcionalidade do acontecido e que en ningún momento houbo perigo para os usuarios do centro

Imaxe Asociada
O Alcalde accidental, Luis Álvarez, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana  Gonzalez Abelleira, informaron esta mañá das actuacións que vai levar a cabo o Concello de Lugo con motivo do accidente fortuito cun arma sufrida por un dos traballadores da empresa que ten a concesión do servizo de centro de día.
 
Luis Álvarez sinalou que foi un accidente fortuíto nas instalacións privadas do persoal que traballa no centro de día e que a actividade non viu alterada polo suceso “de feito as persoas que se atopaban no centro nin se enteraron o que non quita que sexa un acontecemento grave”. O Alcalde accidental informou que durante esta mañá se mantiveron reunións tanto coa asesoría xurídica como coa empresa para ver as medidas a adoptar e abrir as investigacións necesarias para aclarar o suceso.

Desta maneira, dende o Concello de Lugo vaise solicitar un informe oficial por escrito á empresa para que aclaren as circunstancias do acontecido e unha investigación independente das outras que se leven a cabo por outras administracións ao Servizo Municipal de Prevención de Riscos Laborais. Luis Álvarez explicou que por parte da empresa se están tomando as medidas oportunas con respecto ao traballador e que este se atopa apartado do servizo.

Luis Álvarez quixo lembrar que “os servizos que ofrece o Concello se están desenvolvendo con absoluta normalidade e que non se pode extrapolar un accidente destas características para cuestionar a boa calidade de todos os servizos que se prestan aos cidadáns”.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova