Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O domingo 11 de agosto celebrarase a sétima visita turística ao Concello do Corgo dentro do plan turístico Terras da Auga e Cultura


# Mércores, 07/08/2013
Os interesados poderán inscribirse ata o sábado 10 ás 14.00 horas na Oficina Municipal de Lugo

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que está aberto o prazo de inscrición ata as 14:00 horas do sábado 10 para a sétima visita turística organizada dentro do programa "Terras de Auga e Cultura", co que se pretende facer unha promoción das zonas rurais dos concellos de Lugo, O Corgo e Rábade. Esta nova actividade terá lugar o próximo domingo 11 de agosto.

Esta nova visita guiada levará aos participantes ao Concello do Corgo, onde poderán participar nunha visita guiada ao complexo etnográfico da Fervenza e realizar unha ruta de sendeirismo. Tamén se visitarán os lugares de Farnadeiros e Camposo e a Laxosa. É un camiño suave, polo que non entraña dificultade e está adecuado para todos os públicos. O xantar realizarase no establecemento Mazo de Santa Comba que ofrecerá un menú a prezos especiais.

A saída é ás 10:30 horas da zona peonil da Ronda da Muralla (altura Porta de Bispo Aguirre) e volta sobre ás 18:30 horas. Recoméndase o uso de roupa e calzado cómodo para camiñar. Non son traxectos duros nin longos, polo que está recomendado para todos os públicos. Pódese levar comida e bebidas propias.

Son visitas gratuítas e para a deste domingo, os interesados poden inscribirse ata as 14:00 horas do sábado 10 de agosto a través do 010 (982 297 350 para chamadas de fóra de Lugo) ou na Oficina Municipal de Turismo (982 251 658).


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova