Imprimir

O CONCELLO SIGUE ADIANTE CO PROXECTO PARA FACER TRANSITABLE A CALELLA DO HOSPITAL E DO CARRIL DO SON DESPOIS DE TRASLADAR AS EXPROPIACIÓNS AO MINISTERIO FISCAL


7/8/2013 A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación do servizo de atención cidadá 010 que durante o 2012  atendeu preto de 75.000 chamadas

Na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá acordou dar traslado ao Ministerio Fiscal das actuacións levadas a cabo para o proxecto de expropiación parcial do solo e das construcións apegadas ao convento das Reverendas Madres Agustinas da Praza de Santo Domingo, na calella do Hospital e no carril do Son, ao existir unha  falta de claridade dos titulares das diferentes parcelas.

Así, o explicou o Alcalde accidental e Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, que sinalou que “ante as diverxencias entre os datos aportados nas escrituras e os que aparecen no Rexistro sobre os propietarios das diferentes parcelas optouse por declarar as parcelas litixiosas e envialas ao Ministerio Fiscal para que decidan que son e que non son os propietarios das mesmas”. Desta maneira, as actuacións de expropiación seguirán a diante e non se paraliza o proceso para humanizar e crear espazos con encanto en ditas rúas que forman parte dun proxecto subvenciónado con fondos do Plan Urban, cofinanciado nun 80% por fondos da Unión Europea.

Luis Álvarez tamén informou do acordo adoptado para a contratación do servizo de atención telefónica aos cidadáns 010 e a aprobación dos pregos de cláusulas administrativas. A duración do contrato será dun ano prorrogable a outro ano máis. O presuposto do contrato é de 85.000 euros ive incluido, no que se inclúen a atención de 6200 horas para prestar o servizo. O servizo de atención ao cidadán ten como obxetivo centralizar as consultas, solicitudes de información e tramitacións que os cidadáns dirixan ao Concello, facilitando a obtención de datos.

“Trátase dun servizo moi útil para a cidadanía xa que poden acceder a unha gran cantidade de información con só unha chamada telefónica, o claro exemplo é que no ano 2012 atendéronse un total de 74.462 chamadas” segundo explicou o responsable municipal.

Na Xunta de Goberno Local tamén se aprobou a prorroga polo prazo dun ano do contrato que ten como obxecto 25 prazas para a atención de persoas dependentes en réxime de atención diurna cun presuposto de 95.270,76 euros, ive incluido.  Outro dos asuntos aprobados foi executar a opción de compra do sistema de xestión de control de presenza para a identificación dos funcionarios por valor de 775,37 euros, ao rematar o periodo de cesión de uso do leasing.