Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Está aberto o prazo para participar na Xincana Mitolóxica que se celebra o día 29 de agosto polas rúas da cidade


# Xoves, 08/08/2013
Esta actividade forma parte do programa Móvete en Lugo, Xuntámonos no verán

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que está aberto o prazo de inscrición para participar na xincana mitolóxica qe terá lugar o xoves 29 de agosto polas rúas da cidade.

Con esta xincana preténdese dar a coñecer algunhas das lendas tradicionais galegas e fomentar o coñecemento de seres mitolóxicos galegos. Así, ao longo da tarde do día 29, haberá repartidos pola cidade diferentes personaxes que guiarán pequenas probas nas que os participantes poderán obter amuletos para gañar. Os grupos serán como mínimo de tres persoas en idades comprendidas entre 18 a 35 anos que contarán cun mapa da cidade onde aparecerán as personaxes e a orde na que os ten que ir atopando. Ás 16:00 dará comezo no centro social Uxio Novoneyra a presentación no salón de actos na que se repartirán os grupos: grupos de tres previamente inscritos os que se lles dará un tarxeta co seu nome de grupo mapa e orden de probas.
   
Entre as personaxes que se poderán atopar e que guiarán as diferentes probas están o lobishome, o home do saco e sacauntos, a maruxaina,  as mouras, as meigas, demouchiños, santa compaña, chupasangues ou a Breogán.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova