Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Aberto o prazo para cubrir 10 prazas de peón de brigada antiincendio e 2 de xefe de brigada


# Xoves, 08/08/2013


O Concello de Lugo informa que está aberto o prazo para a contratación temporal de 2 xefes de brigada e de 10 peóns de brigada para a defensa contra incendios forestais. As persoas interesadas poderán presentar o documentación necesaria descrita nas bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia ata o venres 16 de agosto no Rexistro Oficial do Concello.

As brigadas colaborarán prioritariamente con respecto a outros traballos na defensa contra os incendios forestais integrándose no dispositivo do Distrito Forestal onde se sitúe o concello. Levarán a cabo labores encamiñadas á prevención que diminúan o risco de propagación e minoren os danos dos incendios, no caso de producirse. Estes traballos desenvolveranse en faixas de xestión de biomasa ou nos terreos forestais de titularidade municipal ou de propietario descoñecido, así como en vías e camiños forestais da súa titularidade cando non sexa posible mecanizar estes traballos.

Os traballos consistirán en actuacións manuais en vías e camiños forestais, áreas cortalumes e faixas de xestión de biomasa mediante roza, rareo e eliminación de restos, cun mínimo de 5 hectareas nos meses de operatividade da brigada ou a súa parte proporcional. A duración do contrato será ata o 31 de outubro

Aquí podes consultar as bases para a contratación


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova