Cargando....
Concello de Lugo
07/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo conseguiu un obradoiro de emprego da Xunta despois de catro anos de denuncias polo mal reparto de fondos públicos


# Xoves, 08/08/2013
Sonia Méndez destacou que se trata dun obradoiro de dixitalización do patrimonio en 3D no que traballaran 24 desempregados ao longo de seis meses

Imaxe Asociada
A Concelleira de Economia, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, informou da concesión de 218.000 euros para a elaboración dun obradoiro de emprego con 24 prazas que se desenvolverá ao longo de 6 meses e que ten como finalidade a dixitalización en 3D do patrimonio artístico e documental que hai na cidade.

O obradoiro denominado Vrbs Lvcvs terá como principal obxectivo a conservación e posta en valor dunha parte do rico patrimonio documental do Concello e que os alumnos adquiran a formación e destreza profesionais necesarias para acceser ao mercado laboral. Os 24 desempregados que participen deberán estar inscritos nas oficinas de emprego da Xunta e continuarán co traballo realizado nos obradoiros de dixitalización do proxecto Muralla Dixital.

Sonia Méndez explicou que “ grazas á insistencia e a denuncia constante do Concello, por primeira vez dende que Feijoo é Presidente da Xunta de Galicia, se nos concede unha subvención para a elaboración dun obradoiro de emprego tan interesante para a cidade como é a dixitalización de bens”. Neste sentido, sinalou que este obradoiro de emprego ten dous compoñentes destacables como é a potenciación cultural da cidade e o estudo de novos sectores economómicos e polo tanto de creación de emprego.

A través deste obradoiro se dixitalizará documentación histórica propiedade do Concello en 3D e de bens patrimoniais de interese como pezas artísticas ou partes da Muralla. “Desta maneira daremos a coñecer aspectos descoñecidos da cidade ademais de potenciar un novo sector de emprego como é a aplicación de novas tecnoloxías ao ámbito cultural no que Lugo poder ser unha cidade punteira nos vindeiros anos” segundo sinalou a responsable municipal.

A Concelleira de Economía tamén sinalou que “é unha mágoa que nestes últimos anos deixaran de beneficiarse preto de 100 persoas desempregadas con obradoiros de emprego debifo á mala política de reparto de fondos públicos da Xunta de Galicia” pero non se esqueceu que “grazas á perseverancia do Concello e a un bo proxecto deseñado polos servizos de emprego e  arqueoloxía podemos contar esta boa nova para a cidade”.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova