Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O grupo de moda Love of Lesbian pechará as festas do San Froilán 2013


# Venres, 09/08/2013
A Concellería de Cultura sinalou que haberá novidades nas rúas e actuacións para todos os gustos

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou esta mañá o primeiro dos pratos fortes que haberá durante o San Froilán 2013. Así, presentou o concerto dun dos grupos de moda este verán Love of Lesbian que pecharán as festas o sábado 12 de outubro na Praza Horta do Seminario.

Carmen Basadre destacou que “o programa do San Froilán está practicamente pechado e ao longo dos próximos días iremos presentando as principais novidades deste ano”. Neste sentido sinalou que “haberá actividades de sempre e tradicionais como as orquestas, música galega, e actuacións para nenos e maiores, pero tamén vai ser unha festa con actuacións internacionais todas elas de carácter gratuito”.

Entre as novidades para este ano, destacou, novas actividades na rúa que interactuarán con veciños e veciñas pero sen esquecernos da tradición xa que “o que buscamos é un San Froilán máis participativo sen esquecernos dos barrios que tamén disfrutarán da actuación de música e charangas ao longo da semana” segundo Carmen Basadre. Outra das novidades será que este ano todas as actuacións musicais centralizaranse en dous escenarios situados na Praza Horta do Seminario e na Praza de Santa María, ademais das orquestas que actuarán na Praza Maior.

En canto ao grupo Love of Lesbian, a responsable da área de Cultura, explicou que se trata dun grupo consolidado no panorama musical español e que este verán está destacando porque protagoniza un dos anuncios dunha marca de cervexa na televisión.

Love of Lesbian presentarán en Lugo o seu último traballo La noche eterna-Los dias no vividos, un doble disco con sons para as diferentes franxas horarias, no que no primeiro contan todo o que podes vivir durante a noite e o segundo todo o que deixas de facer por vivir da noite. A banda máis de moda no panorama indie actual culmina unha etapa no que o trepidante ritmo de concertos con entradas agotadas e numerosas xiras leváronos a vivir máis de noite que de día.
Venres


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova