Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo dispón dun coche eléctrico para realizar rutas turísticas pola cidade


# Luns, 12/08/2013
O horario de funcionamento do coche será polas mañás e haberá que inscribirse na Oficina Municipal de Lugo 

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o representante de Fergil Auto Grupo Ditram, David Gil Santos, presentaron esta mañá un vehículo eléctrico que permitirá aos visitantes facer rutas turísticas polas zonas máis alonxadas do centro histórico.

Con esta nova iniciativa, ademais de promover o coidado polo medio ambiente empregando vehículos con emisión cero de gases contaminantes ao ser 100% eléctricos, os turistas poderán achegarse a zonas como as beiras do río Miño, do Rato, ou pola Estrada de Ombreiro para coñecer outros puntos da cidade. 

Carmen Basadre destacou que se trata “dunha iniciativa interesante e que será un reclamo máis para que os visitantes coñezan máis zonas da cidade e non só o centro histórico e ademais irán acompañados por un conductor municipal”. Tamén informou que o horario para usar o coche eléctrico será entre as 10.30 e as 14.00 con previa reserva na Oficina Municipal de Turismo.

A responsable da área de Cultura e Turismo, sinalou que o Concello de Lugo ten como prioridade promocionar a cidade e realizar todo tipo de actuacións e actividades que contribúan a elo, de xeito que os turistas que a visiten podan dispoñer dun servizo de transporte específico que os achegue ás zonas e lugares máis relevantes para así facilitarlles o seu coñecemento.

Pola súa parte, David Gil, explicou que o Grupo Ditram cede o uso dun vehículo Nissan Leaf 100% eléctrico con reserva da propiedade, ao Concello de Lugo, para que a Oficina Municipal de Turismo realice actuacións que conleven a promoción turística sostible da cidade e que, a súa vez, os cidadáns poidan coñecer o funcionamento dos vehículos eléctricos.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova