Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Plan Director da Praza de Abastos contará cunha auditoría enerxética, proposta de aproveitamento comercial e redacción do proxecto de obras


# Martes, 13/08/2013
As empresas que se presenten deberán acreditar a súa experiencia na rehabilitación de mercados e prazas de abasto

Imaxe Asociada
O prazo máximo de redacción é de catro meses e medio e a continuación xa se licitarán as obras de reforma necesarias na Praza de Abastos


A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, anunciou esta mañá a apertura do proceso de contratación dun equipo de expertos para a realización de estudios e propostas técnicas para mellorar a Praza de Abastos. Ademais serán os encargados da redacción do proxecto de rehabilitación que estará financiado con cargo ao Plan Urban, e cofinanciado nun 80% polos fondos FEDER.

Sonia Méndez sinalou que “queremos potenciar a Praza de Abastos incluso como lugar turístico para o que se fai este plan no que varios dos requisitos para as empresas que se presenten son ter en conta a opinión dos comerciantes e ter experiencia acreditada na rehabilitación doutras prazas e mercados”. O presuposto para a contratación deste Plan é de 96.800 euros con ive incluido, e terán un prazo máximo de catro meses e medio para a redacción do mesmo e no que se inclúen entrevistas cos comerciantes para coñecer as súas necesidades.

Neste Plan Director vanse realizar traballos como unha auditoría enerxética e un plan de residuos, nos que se revise a instalación eléctrica e o consumo de auga coa proposta de intervención no edificio para a súa adaptación. Tamén deberá conter unha proposta de aproveitamento comercial do edificio e distribución de usos, a redacción do proxecto de execución das obras necesarias e unha intervención para cada un dos postos da Praza nas que se especifiquen as necesidades de cada un deles.

No proxecto de obra terán que ir necesidades básicas como a cuberta, renovación de aseos, sistema de incendio, renovación do saneamento, a eliminación de calquera tipo de barreira arquitectónica, a distribución do espazo no soto e a renovación do sistema de información dos postos, ademais tamén se instalará wifi e un sistema de climatización.

A Concelleira de Economía, explicou que “mestes momentos, estanse a desenvolver diferentes proxectos para mellorar urbanísticamente a zona da Praza e do Mercado e para fomentar os comercios na zona.” Así lembrou que se está redactando un proxecto de humanización da rúa Quiroga Ballesteros, que xa se licitaron as obras de mellora do Mercado ou que xa comezaron as obras de renovación da pintura de moitos dos edificios da zona que entraba dentro do proxecto ICOR co Colexio de Arquitectos de Lugo todo elo para “sacar un mellor partido a esa zona da cidade”.

Martes
Martes


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova