Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo tramitou 20 licenzas para a instalación de novos ascensores durante o primeiro semestre do 2013


# Mércores, 14/08/2013
A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación da suministración da iluminación ornamental durante o San Froilán e nos que a cidade contará con preto de 250 arcos de luz 

Imaxe Asociada
Aprobouse a contratación por parte dun grupo de expertos do plan director para a rehabilitación da Praza de Abastos

O Concello de Lugo, no que vai de ano, autorizou a instalación de 20 novos ascensores en edificios que antigos que carecían desta infraetrutura. Así, o deu a coñecer esta mañá o Alcalde accidental e Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, na rolda de prensa na que informou dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá.

O Alcalde accidental sinalou que “estes datos dan boa conta da necesidade de proceder á instalación de ascensores na cidade especialmente en edificios que xa teñen moitos anos e que non contan co espazo necesario” por este motivo se exceptúan a eses edificios de cumprir as máximas condicións de accesibilidade nas zonas dos portais ao quedar estes reducidos. Tamén sinalou que dende o Concello se tramitan coa maior celeridade posible as licenzas para a instalación de ascensores xa que “consideramos que é un requisito mínimo para que un edificio sexa accesible e garantir as veciños e veciñas unha boa calidade de vida”. 

Neste sentido, a Xunta de Goberno Local, tamén aprobou a modificación do artigo 27.4 da Ordenanza Municipal de supresión de barreiras arquitectónicas no relativo aos ascensores para a armonización coa normativa europea. Álvarez explicou que “en moitos aspectos a normativa galega é máis estrita que a europea como pode ser na altura dos botóns dos ascensores que aquí teñen que ter unha distancia de 0,80 cm con respecto ao solo e con esta modificación vai ser de 0,90 cm”.

Outro dos asuntos aprobados foi a contratación do servizo de comidas do centro de día Antonio Gandoy que ofrece o almorzo, xantar e merenda. A duración do contrato é de dous anos prorrogables a outros dous e terá un presuposto máximo de 66.530,64 euros ive incluido. Desta maneira, o Concello prevé ofrecer un total anual de 14.040 menús. 

O Alcalde accidental tamén sinalou que se aprobou o prego de cláusulas para a contratación do estudo da Praza de Abastos por un presuposto de 96.800 euros ive incluido e cun prazo de realización de 4 meses e medio. Neste proxecto levarase a cabo unha auditoría enerxética, un plan de residuos, unha proposta de aproveitamento comercial do edificio e un proxecto de obras mínimas necesarias como a cuberta, a renovación do saneamento, a creación de aseos, a redistribución do espazo ou a instalación de rede wi-fi.

Festas San Froilán

A Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá tamén aprobou a apertura do procedemento para a contratación da subministración e instalación do alumeado ornamental das festas do San Froilán 2013. Desta maneira, entre o 4 e o 12 de outubro, preto de 60 rúas e prazas da cidade terán 239 arcos de iluminación. O prezo de licitación deste contrato é de 27.727,45 euros ive incluido. Álvarez sinalou que se esixe que esta iluminación ornamental esté composta por tecnoloxía LED de baixo consumo co que se consegue un importante aforro enerxético.

Finalmente, outro dos asuntos acordados, foi deixar sen efecto un acordo anterior no que, a súa vez, se deixaba sen efecto a autorización concedida o 28 de setembro de 2011 para a ocupación do caldeiro nº 2 para as Festas de San Froilán xa que a empresa que ten a concesión fixo o pagamento das taxas correspondentes á ocupación de dominio público 2013.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova