Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O grupo La pandilla voladora integrado polos membros máis representativos das rumba-rock española actuará no San Froilán 2013


# Venres, 16/08/2013
A Concelleira de Cultura tamén anunciou que se vai enviar unha carta a comerciantes e hostaleiros para que os que queiran podan colaborar economicamente coas festas sen haber cotas mínimas

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Carmen Basadre tamén destacou que os membros do equipo de goberno van facer unha aportación económica ás festas

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou hoxe unha nova actuación do San Froilán 2013. Trátase do grupo La Pandilla Voladora, formada polos músicos máis representativos da rumba-rock española como son Jairo Perera de Muchachito Bombo Infierno, el Lichis de la Cabra Mecánica, el Canijo de Jerez de los Delinqüentes, Tomasito ou Albert Pla, que actuarán o venres 11 de outubro na Praza Horta do Seminario con entrada gratuita.

“Penso que será un espectáculo moi entretenido como corresponde a unhas festas do San Froilán e vai ser un concerto moi festeiro ademais de que son músicos moi coñecidos e que xa teñen unha traxectoria musical consolidada” segundo Carmen Basadre. Este espectáculo está diseñado para concertos en directo polo que promete unha boa dose de animación e entretemento.

A Concelleira tamén anunciou que se vai enviar unha carta a todos os hosteleiros e comerciantes de Lugo nos que se lles solicita a súa colaboración coas festas do San Froilán e que este ano non conta con cuantía mínima.

Basadre explicou que “pensamos que o San Froilán é unha festa popular e como sempre se fixo neste tipo de festas solicitamos a colaboración de hostaleiros e comerciantes que queiran facer unha achega económica aínda que se algún veciño quere facelo pola súa conta tamén pode aportar a cantidade que queira”.

Para os hosteleiros e comerciantes que fagan a aportación, haberá dúas categorías diferenciadas: unha de colaborador para aportacións dun máximo de 500 euros, e nas que se incluirá o logo do establecemento nos programas das festas e outra categoría de patrocinador, para máis de 600 euros, no que ademais do programa tamén se incluira o logo na web do Concello e nas redes sociais. Tamén recibirán unha placa conmemorativa cada colaborador que faga unha aportación mínima de 50 euros.

O procedemento para realizar as achegas será a través da conta bancaria en Nova Galicia Banco 2080 0101 56 311000094 marcando como concepto patrocinio San Froilan 2013 . De todas maneiras, e ante calquera dúbida ou para máis información poden poñerse en contacto coa Concellería de Cultura a través do teléfono 982 29 72 57 ou no correo electrónico culturaarrobaconcellodelugo.org .

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova