Carmen Basadre tamén destacou que os membros do equipo de goberno van facer unha aportación económica ás festas
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou hoxe unha nova actuación do San Froilán 2013. Trátase do grupo La Pandilla Voladora, formada polos músicos máis representativos da rumba-rock española como son Jairo Perera de Muchachito Bombo Infierno, el Lichis de la Cabra Mecánica, el Canijo de Jerez de los Delinqüentes, Tomasito ou Albert Pla, que actuarán o venres 11 de outubro na Praza Horta do Seminario con entrada gratuita.
“Penso que será un espectáculo moi entretenido como corresponde a unhas festas do San Froilán e vai ser un concerto moi festeiro ademais de que son músicos moi coñecidos e que xa teñen unha traxectoria musical consolidada” segundo Carmen Basadre. Este espectáculo está diseñado para concertos en directo polo que promete unha boa dose de animación e entretemento.
A Concelleira tamén anunciou que se vai enviar unha carta a todos os hosteleiros e comerciantes de Lugo nos que se lles solicita a súa colaboración coas festas do San Froilán e que este ano non conta con cuantía mínima.
Basadre explicou que “pensamos que o San Froilán é unha festa popular e como sempre se fixo neste tipo de festas solicitamos a colaboración de hostaleiros e comerciantes que queiran facer unha achega económica aínda que se algún veciño quere facelo pola súa conta tamén pode aportar a cantidade que queira”.
Para os hosteleiros e comerciantes que fagan a aportación, haberá dúas categorías diferenciadas: unha de colaborador para aportacións dun máximo de 500 euros, e nas que se incluirá o logo do establecemento nos programas das festas e outra categoría de patrocinador, para máis de 600 euros, no que ademais do programa tamén se incluira o logo na web do Concello e nas redes sociais. Tamén recibirán unha placa conmemorativa cada colaborador que faga unha aportación mínima de 50 euros.
O procedemento para realizar as achegas será a través da conta bancaria en Nova Galicia Banco 2080 0101 56 311000094 marcando como concepto patrocinio San Froilan 2013 . De todas maneiras, e ante calquera dúbida ou para máis información poden poñerse en contacto coa Concellería de Cultura a través do teléfono 982 29 72 57 ou no correo electrónico cultura@concellodelugo.org .