Imprimir

O ALCALDE DE LUGO MANTIVO UNHA REUNIÓN COS PEDÁNEOS DAS ZONAS RURAIS NAS QUE NON HAI COBERTURA MÓBIL PARA DARLLES A COÑECER UNHA LIÑA DE AXUDAS


21/8/2013  Estas axudas convocadas pola Deputación de Lugo teñen como obxetivo cubrir as necesidades de telecomunicións das zonas sen cobertura

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Director de Novas Tecnoloxías da Deputación de Lugo, Pablo Rivera, mantiveron unha reunión cos pedáneos de 11 parroquias nas que hai problemas de cobertura de telefonía móbil para darlles a información sobre un plan de axudas da Deputación de Lugo para cubrir esas necesidades en materia de telecomunicacións.

López Orozco explicou que “se convocaron aos pedáneos das parroquias que nós sabemos que teñe problemas de comunicación e explicarlles as posibilidades que teñen ante ese problema e asi poder ter acceso a internet e telefonía fixa”.

Na reunión participaron os pedáneos das parroquias de San Xoán do Campo, Bacurín, Outeiro, Poutomillos, o Burgo, San Xoán do Alto, San Pedro de Mera, Romeán, Bascuas, Gondar e Santa María de Bóveda.

Pola súa parte, Pablo Rivera, explicou que “o programa Satelízate ten como obxectivo cubrir as deficiencias de telecomunicacións que outras administracións non están dispostas a asumir e ofrécelles tanto Internet como telefonía fixa a través de tarifas reducidas e facendo un traballo que non fai a Xunta que é a que ten as competencias.”