Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de Ordenanza Reguladora da Contaminación Acústica


# Mércores, 21/08/2013
Esta nova ordenanza deberá ser aprobada polo Pleno municipal e posteriormente abrirase un praza de alegacións

Imaxe Asociada
Luis Álvarez sinalou que presenta importantes novidades para a convivencia entre cidadáns e establecementos de hostelería

O Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, informou dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá do que destacou a aprobación do proxecto da Ordenanza Reguladora da Contaminación Acústica.

Luis Álvarez sinalou que “se trata dunha ordenanza moi técnica coa que pretendemos protexer a calidade de vida dos cidadáns pero tamén a creación de novos establecementos”. Do mesmo xeito, tamén sinalou que os trámites que faltan para que entre en vigor son a aprobación no próximo pleno de setembro, a posterior publicación no Bolentín Oficial da Provincia e a apertura do prazo para que aquelas persoas ou entidades que queiran poidan presentar as alegacións oportunas.

O Voceiro tamén indicou que o novo documento presenta novidades como é a creación de cinco tipos de áreas acústicas dentro do Concello para establecer o máximo ruído admisible e diferenciadas en dúas franxas horarias ou a creación dunha tipoloxía das actividades hosteleiras en tres tipos: bar-restauración, pub ou karaokes e as discotecas ou cafés-concertos.

A Ordenanza que regula a contaminación acústica tamén establece un aspecto novidoso como é a limitación da distancia entre locais xa existentes e os de nova implantación, co que se permite compatibilizar o descanso, xa que limita o número de establecementos. Ademais os locais van ter a obriga de ter instalados carteis para advertir aos usuarios que o nivel ruido existente pode producir lesións auditivas e contarán cun prazo de adaptación de doce meses para aqueles que non estén adaptados aos novos niveis de ruido.

Outra das novidades é que se abre a posibilidade de que por parte da Policia Local, se poida inmobilizar un vehículo cando o ruído emitido ou producido por el supere os límites establecidos.Tamen se regula os ruidos en espazos públicos exteriores. Neste sentido cando se organicen actos de interese público o Concello poderá adoptar as medidas necesarias para dispensar durante a realización do mesmo aos sectores afectados.


Con esta nova ordenanza, o Concello de Lugo, trata de actualizar a que está en vigor e que ten data de 1995, para a actualización a regulación municipal fronte as perturbacións sonoras máis habituais contendo medidas prácticas e congruentes coa realidade. Desta maneira, posibilítase intervencións máis eficaces e novas fórmulas de control  que pretende dar resposta ás demandas dos cidadáns.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova