Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O domingo 25 de agosto os participantes no plan turístico Terras da Auga e Cultura visitarán a zona do Neira no Corgo


# Xoves, 22/08/2013
Os interesados poderán inscribirse ata o sábado 24 ás 14.00 horas na Oficina Municipal de Lugo

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que está aberto o prazo de inscrición ata as 14:00 horas do sábado 24 para a oitava visita turística organizada dentro de "Terras de Auga e Cultura", un programa de promoción turística da zona rural de Lugo, O Corgo e Rábade. Esta nova actividade terá lugar o próximo domingo 25 de agosto.

Esta nova visita guiada levará aos participantes a O Corgo, onde poderán participar nunha visita guiada a área recreativa da Ponte de Neira. Despois do xantar, visitaranse os puntos de maior interese do Concello de O Corgo como Camposo, Maceda, Marei e Anseán.
 
A saída é ás 10:30 horas da zona peonil da Ronda da Muralla (altura Porta de Bispo Aguirre) e volta sobre ás 18:30 horas. Recoméndase o uso de roupa e calzado cómodo para camiñar. Non son traxectos duros nin longos, polo que está recomendado para todos os públicos. Pódese levar comida e bebidas propias.

Son visitas gratuítas e para a deste domingo, os interesados poden inscribirse ata as 14:00 horas do sábado 24 de agosto a través do 010 (982 297 350 para chamadas de fóra de Lugo) ou na Oficina Municipal de Turismo (982 251 658).


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova