Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O grupo galego Os Resentidos capitaneado por Antón Reixa abrirá as festas do San Froilán 2013


# Venres, 23/08/2013
Terán como teloneiros á compañía Festicultores Troupe que ademais animarán as rúas o venres 4 de outubro

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou esta mañá que a big band do rock galego Os Resentidos e os Festicultores serán os encargados de dar o concerto do sábado día 5 de outubro.

Carmen Basadre destacou que “son dous grupos actuais, moi festeiros, e que animarán a noite lucense pero tamén as letras das cancións dos Resentidos, a pesar de que teñen máis de 25 anos, seguen estando de actualidade”.

O grupo liderado polo polifacético Antón Reixa presentará o tour “A tribo toda baila. 30 anos de música feliz cos Resentidos”, no que recollen os seus grandes éxitos e no que o público non parará de bailar nin de corear cancións tan míticas como Galicia Canibal:fai un sol de carallo. Esta será unha ocasión única para sorprenderse coa capacidade que ten a Tribo Resentida para congregar a un público que aínda non nacera cando o grupo se disolveu e para todos aqueles noltáxicos das letras máis críticas e irreverentes.

Pola súa parte os Festicultores Troupek é unha compañía de animación na rúa e que mesturan a música xitana dos Balcáns con ritmos reggae, ska, pasodobre ou rumba entre outros. A misión que ten esta compañía é a de animar as festas para que afrore o espíritu máis festivo. Nesta ocasión tamén presentan o seu primeiro traballo discográfico Os sadomusiquistas, unha festa dolorosamente pracenteira co que “revolucionaron o mundo das charangas”. O venres 4 animarán as rúas do centro coa súa música.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova