Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Esther Muñóz informou da contratación para realizar obras de mantementos nos colexios da cidade grazas ao Plan experimental de Emprego SELFE


# Venres, 23/08/2013
A Concelleira de Educación explicou que serán cinco traballadores dos que 3 estaban en situación de desemprego os que levarán a cabo ditas tarefas ao longo dos seis meses que dura o contrato

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, informou esta mañá das actividades que se van levar a cabo na súa área dentro da segunda edición do  Plan de experimental del emprego posto en marcha polo Concello de Lugo para o fomento do emprego e en sustitución do Plan Piles e que comezarán a traballar en setembro.

Desta maneira a empresa adxudicataria, Obras y Servicios Lugo, que tiña a obriga de contratar a un mínimo de 2 traballadores en situación de desemprego, contratou a tres, e manten a 2 da propia plantilla, encargarase do mantemento e reparación dos 14 colexios infantis e as catro escolas municipais de Lugo. A responsable da área de Educación, explicou que “grazas a este plan imos poder realizar máis obras de mantemento e mellorar, aínda máis, as instalacións escolares”. Neste sentido infomou que as tarefas a realizar serán as de pequenas reparacións en canelóns, reparación de humidades que poidan aparecer, arranxos de albañilería ou cubrir as necesidades en materia de pintura  e “pequenas obras do día a día que xurden en todos os centros escolares.

Esther Muñóz destacou que “con esta iniciativa estamos cumplindo con dous obxectivos primordiais por un lado manter en boas condicións as instalacións escolares e por outro dar e manter o traballo aos desempregados que son contratados grazas a este plan de emprego”.

O Plan de Emprego SELFE ten un investimento total de 325.000 euros procedentes en exclusiva do Presuposto municipal, e a través do cal o Concello garante máis de 25 postos de traballo, 15 deles para parados de longa duración.  As empresas adxudicatarias ocuparanse, durante seis meses, do mantemento de instalacións educativas, de rúas, zonas verdes e instalacións deportivas, así como de labores de desbroce na zona rural. O Concello de Lugo decide volver a ser un entidade innovadora e pioneira na loita contra o desemprego creando un plan experimental para o fomento do emprego.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova