Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Sonia Méndez denunciou os problemas que causan os oito meses de retraso das axudas da Xunta para a creación de emprego


# Luns, 26/08/2013
O Concello de Lugo axudará gratuitamente a todos os emprendedores a tramitar as axudas autonómicas a través do CEI-Nodus

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, denunciou esta mañá o retraso na publicación das axudas a emprendedores, que normalmente se publican a principios de ano. Esta denuncia fixoa no marco dunha reunión informativa convocada polo Concello no CEI-Nodus ao saber do interese de numerosos lucenses en acceder a estas axudas.

Nesta xuntanza, Sonia Méndez, anunciou que “nos próximos días técnicos do CEI atenderán de forma personalizada e gratuíta aos emprendedores que queiran solicitar as axudas, moitos deles desempregados para os que é a única oportunidade laboral de autoemprego”.

Neste sentido, a Concelleira de Economía, explicaba que o retraso na publicación destas axudas provocou desconcerto entre os emprendedores e empresarios e, máis, “saíndo no mes de agosto, unha data na que moitos dos interesados non se van enterara xa que ademais non se lles dá a suficiente difusión”. Méndez tamén criticou que “a partida orzamentaria non é suficiente e debería ser ampliable para que todos os emprendedores que cumpran os requisitos da convocatoria poidan acceder ás axudas xa que no ano pasado foron máis de 2.800 os proxectos que quedaron sen financiación”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova