Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello simplifica os trámites da Tarxeta Cidadá que se entregará no mesmo momento da solicitude


# Luns, 26/08/2013
O Concelleiro de Servizos Xerais tamén informou que dita oficina terá a súa ubicación definitiva na planta baixa do edificio municipal do Seminario

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, anunciou esta mañá o cambio de ubicación da oficina da tarxeta cidadá e da simplificación dos trámites que suporán un gran aforro de tempo e de papeles aos cidadáns.

Así, dende a semana do 23 de setembro, a nova ubicación da oficina da tarxeta cidadá será na planta baixa do edificio municipal do Seminario e será a definitiva. Non só se producirá un traslado de equipos senón que tamén haberá modificación na tramitación das mesmas. Desta maneira, Manuel Núñez, explicou que se estivo elaborando un programa informático que permite a estampación das tarxetas polos propios funcionarios municipais e, polo tanto, a entrega da tarxeta aos solicitantes será inmediata.

O Concelleiro de Servizos Xerais manifestou que “esta modificación suporá unha simplificación dos trámites que serán máis operativos e sinxelos para a cidadanía e que lles aforrará tempo e papeles”.

Coa incorporacións destes dous postos de atención ao público con sendos equipos de estampación tamén se producirá unha modificación á hora de solicitalas xa que os interesados poderán imprimir á solicitude dende a web, acudir ao banco a pagar as taxas, entregar a documentación nas instalacións municipais e nese momento recibirán de forma inmediata a tarxeta.

Dende que se puxo en marcha a tarxeta cidadá, no ano 2011, xa se solicitaron 8.387 tarxetas que serven para o transporte público, para os aparcamentos en zona ORA e para algúns dos bonos de deportes.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova